Os grandes lumes do territorio non son inevitables
Cada verán repetimos a mesma historia: Miles de hectáreas queimadas. Vivendas ameazadas. Animais mortos. Persoas que o perden todo. E, unha vez máis, preguntámonos como puido pasar. Pero os grandes incendios non son inevitables.

A crise climática fai que sexan máis intensos e máis difíciles de controlar. Mais tamén sabemos que a maioría dos incendios teñen a súa orixe en neglixencias ou accións humanas. E iso significa que a prevención importa.
Os lumes non son só unha emerxencia ambiental. Son unha cuestión de dereitos humanos. Porque cando arde un monte tamén están en risco o dereito á vida, á saúde, á vivenda, á auga, aos medios de vida e a un medio ambiente limpo, san e sostible.
Por iso pedimos á Xunta de Galicia que actúe con medidas estruturais e non só cando chega a emerxencia. Necesitamos prevención durante todo o ano. Máis recursos e condicións dignas para os equipos de extinción. Unha mellor investigación das causas dos incendios. Unha política forestal que aposte pola biodiversidade e por montes máis resilientes. Apoio ao rural e ás comunidades de montes. E unha información clara e sistemas de alerta eficaces para protexer á poboación Tamén é fundamental que a recuperación das zonas afectadas poña ás persoas no centro e garanta a participación das comunidades e o respecto aos seus dereitos.
Os incendios non son unha fatalidade. Son un reto que require vontade política, planificación e compromiso. Porque protexer os nosos montes tamén é protexer ás persoas. Non podemos permitir que esta traxedia se repita ano tras ano.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
