Redacción •  Galicia •  18/04/2021

Solicitan amparo para a parella cigoñas brancas

  • Amigas da Cigoñas e Ecoloxistas en Acción solicitan a Consellería de Medio Ambiente que protexa a parella de cigoñas brancas que aniñou no guindastre dunha grúa da constructora Copasa en Ourense ante as accións irresponsables de operarios desta constructora.
  • Denuncian que estas irresponsables como subir ao guindastre e asexar o niño poden interrumpir o proceso de aniñamento desta ave protexida.
Solicitan amparo para a parella cigoñas brancas

O pasado xoves 15 de abril ás 11:50 h., un operario da constructora Copasa subiu ao alto do guindastre e dirixirse directamente ao niño que se atopa no contrapeso do guindastre, detívose diante do niño. A cegoña que se atopaba nese momento incubando tranquila, ao ver a presenza próxima do operario mentres se dirixía cara ao niño, saíu voando asustada, en busca da súa parella.

Ambas as cegoñas estiveron sen aterrar sobre o niño durante un par de horas, sobrevoando a zona moi alteradas e visiblemente tensas tras esta situación, deixando a máis o niño só, desprotexido e en total abandono a incubación da posta de ovos, co risco que isto conleva en poder sacar adiante a posta cos seus pitos en tempos prolongados de ausencia.

Amigas da Cigoñas e Ecoloxistas en Acción denuncian que o operario e a empresa COPASA infrinxiron gravemente as normativas estatais e directrices europeas de protección de aves migratorias vixentes polo motivo de achegarse xunto ao niño de cegoñas para realizar fotografías ou filmacións en plena época de cría. Solicitan que se sancione á empresa construtora ou ao responsable directo da infracción por incumprimento da protección destas aves. As cegoñas non deberían de volver repetir outro episodio de fuxida por intrusión humana para non lamentar o abandono total do niño, pitos ou ovos.

Ademais advirten que se se tivese que realizar algunha intervención de urxencia nesa zona, debería ser sempre supervisada con persoal propio da Consellería de Medio Ambiente e sempre cun motivo o suficientemente xustificado e o permiso especial para estes casos para non poñer en risco o ciclo reprodutor da parella de cegoñas.

Amigas da Cigoñas e Ecoloxistas en Acción lembran que as cegoñas, unha vez terminada a época de cría, deben ter unha alternativade aniñamento nun lugar seguro, para que isto non volva suceder nas próximas tempadas.


biodiversidad /  medio ambiente /