Redacción •  Galicia •  15/08/2021

Denuncian as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto nas brañas de Baxoi

Ecoloxistas en Acción alerta que nas inmediacións daa brañas de Baixoi en Guitiriz realizouse unha corta a matarrasa de 20 hectáreas aproximadamente na que se tallaro pinos radiata, grandes bidueiros, carballos e tamén sanguiños, pereiras bravas e castaños na contornos da lagoa. Posteriormente a corta plantáronse centos de eucaliptos globulus, considerados como especie invasora polo seu potencial incontrolado de dispersión.

Denuncian as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto nas brañas de Baxoi

As brañas de Baxoi está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz coma solo rústico de especial protección de espazos naturais, formando a zona parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño

Ecoloxistas en Acción solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se levanten os eucaliptos plantados, alomenos 200 metros desde a beira da turbeira e que se proceda á correspondente sanción aos responsables, obrigando asimesmo a repoñer a parcela ao seu estado anterior.


Consellería de Medio Ambiente /  Ecoloxistas en Acción /