BNG considera “incomprensíbel” que o Goberno non aprobase ningunha medida de protección social para combater os efectos provocados pola guerra dos Estados Unidos e Israel contra o Irán

Néstor Rego avanza que o BNG trasladará ao executivo un paquete de medidas no ámbito económico, fiscal, enerxético e social para combater os efectos provocados pola guerra dos Estados Unidos e Israel contra o Irán.
O BNG reclama medidas no ámbito económico, fiscal, enerxético e social, incluíndo o control e a regulación dos prezos de bens básicos e urxe o Goberno a ir “máis alá” para que as maiorías sociais e o tecido produtivo non paguen as consecuencias deste conflito.
O deputado nacionalista critica a posición “pasiva e expectante” do executivo que, após 10 días do comezo da guerra, continúa sen adoptar ningunha medida concreta para protexer á cidadanía fronte á subida dos prezos e á incerteza económica.
Ampliar o Escudo social, impulsar axudas directas ás familias, apoio aos sectores produtivos e estratéxicos e intervención pública no prezo da enerxía figuran entre as medidas que o BNG considera necesarias para facer fronte á actual situación internacional.
“O prezo do combustíbel, por exemplo, xa supera os 2 euros por litro, mentres o Goberno continúa sen tomar medidas para aliviar o impacto desta escalada nos fogares e nas empresas”, denuncia o deputado nacionalista.
