Concentración contra retirada da bandeira palestina do PP de Lugo
- Pola reposición da bandera palestina en Lugo. Sábado de 9 ás 12:00 h.

Dende Lugo por Palestina convocamos unha concentración este sábado, día 9, ás 12:00 horas diante do Vello Cárcere para esixir a reposición inmediata da bandeira palestina.
A primeira acción do goberno de Elena Candia tras a moción de censura co voto dunha tránsfuga, foi retirar a bandeira palestina do Vello Cárcere, un símbolo que representa o sentir maioritario dos e das lucenses: a empatía cara ao pobo palestino. Esta mostra de solidariedade medrou dende o primeiro día dos bombardeos tras o 7 de outubro contra a poboación civil, nun asedio que se estende historicamente ata 1948.
Lugo demostrou o seu compromiso tanto na rúa, con múltiples mobilizacións, como institucionalmente, sendo a primeira cidade do Estado en aprobar unha moción de apoio ao pobo palestino.
Este apoio non deixou de medrar en todos os espectros políticos (esquerda e dereita), pois a barbarie non se pode ocultar indefinidamente. Remarcamos que o Estado español destaca en Europa como un referente de clamor contra a situación de xenocidio que sofre Palestina, e así o demostran as enquisas e as centenares de manifestacións.
A retirada da bandeira non só é contraria á vontade da cidadanía de Lugo, senón que representa un acto de desprezo cara ás vítimas: máis de 75.000 persoas asasinadas, das cales 30.000 son crianzas.
Non podemos calarnos ante este acto deshumanizador e cruel. Por iso, esiximos que a bandeira volva ao seu lugar no Vello Cárcere, un espazo de memoria histórica que debe seguir expresándose contra a barbarie e a inxustiza.

