Redacción •  Galicia •  07/12/2023

Veciñanza e colectivos concéntranse este domingo en Vilar de Barrio fronte a ameaza eólica

Concentración veciñal en Vilar de Barrio en Defensa das montañas de Ourense.

Domingo, 10 de decembro, ás 12,00 horas na praza do Toural (Xinzo de Limia).

Veciñanza e colectivos concéntranse este domingo en Vilar de Barrio fronte a ameaza eólica

Con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 plataformas, colectivos e organizacións galegas, chama a mobilización este domingo en todo o país en defensa das nosas montañas e contra a invasión eólica.

En Ourense, a concentración, de carácter provincial, terá lugar en Vilar de Barrio ás 12,00 horas e está promovida polo Movemento Ecoloxista da Limia, Salvemos O Támega-Adega Monterrei, Petón do Lobo, Ecologistas Em Ação Galego-Transmontano, Sindicato Labrego Galego, Club Parapente Baltar, Amigas das Árbores, Amigas da Terra, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), a Sociedade Galega de Ornitoloxía, e as plataformas Stop Parques Eólicos en Chandrexa, Salvemos as Montañas de Trevinca e Stop Eólicos Xurés Celanova, Tarabelada Terra de Caldelas.

No acto darase lectura a o manifesto “Defendemos as montañas fronte a gobernos e especuladores”, que neste terceiro ano de mobilizacións (as anteriores celebráronse en Laza, no 2021, e en Xinzo de Limia no 2022) pretende subliñar o determinante papel que está a xogar a sociedade civil organizada na defensa do territorio galego fronte o espolio eólico e a traizón dos gobernos.

Haberá intervencións poéticas e tamén música, a cargo do dúo 2naFronteira. A organización preparará chocolate para convidar a todas e a todos. Está previsto que o acto teña unha duración de 30 minutos.

Celebraranse actos de mobilización veciñal en Amil (Moraña), na provincia de Pontevedra; Campo de Carlexo (Val do Dubra) e Ortigueira, na provincia da Coruña; e na capital lucense e A Fonsagrada, na provincia de Lugo.

Xinzo de Limia, 7 de decembro.


eólica /