Exposición Heart of Gaza no Centro Ágora (Corunha)

Onte, día 3 de novembro, BDS Coruña inaugurou a exposición Heart of Gaza de deseños de crianzas gazatís realizados durante o actual xenocidio e que permanecerá no Centro Cultural Ágora ata o día 13 de novembro.
A idea deste proxecto surxiu despois do intercambio de deseños de crianzas a través de Whatsapp entre Feile Butler, irlandés, e Mohamed Timraz, gazatí e ten dous objetivos:
1- Crear unha exposición itinerante a nivel mundial duns 60 deseños de crianzas gazatís acompañados dun texto persoal, realizados durante o Xenocidio e cas que rápidamente empatízase.
2- Angariar fondos, durante a exposición pública, para a campaña We Are Not Alone, creada por Mohamed para a compra de bens básicos para as familias e a realización de obradoiros de educación emocional para as crianzas, a través da arte.
Neste contexto, o sábado día 8, ás 19h vaise proxectar, na Sala 9 do Ágora, o documental «Kufiya. A Revolución a través da Música» premiado co galardón a Mellor Documental no Festival Internacional de Cinema de al-Awda. Posteriormente habera un coloquio, conducido por Naser Dãwūd, abogado, activista palestinos e estudante de mostrado na Universidade de Santiago de Compostela.
O día 13, para a clausura da exposición, haberá diferentes actos ainda sen definir, polo que pedimos as persoas que fiquen atentas ás RRSS de BDS Coruña (Facebook e Instagram).
Despois da sua exhibición na nosa cidade, a exposición Heart of Gaza vai continuar o seu periplo por diferentes cidades galegas.

