Redacción •  Galicia •  04/04/2021

Antón Sánchez: «Os datos non minten, a conselleira de Medio Ambiente, sí»

O portavoz nacional de Anova sae ao paso das declaracións de Ángeles Vázquez en RNE recollidas o domingo pola axencia Europa Press nas que reafirma ao seu apoio á implantación de parques eólicos e explotacións mineiras por todo o territorio galego. 

Antón Sánchez: «Os datos non minten, a conselleira de Medio Ambiente, sí»

Para Antón Sánchez, o Partido Popular de Galicia vive «nunha falsa dicotomía» na que se fala de compaxinar un medio ambiente saludable coa dinamización da economía, porque a formación conservadora «sempre opón a conservación medioambiental e paisaxística á preservación, o cumprimento da normativa ou a ordenación do territorio ao desenvolvemento económico» porque «precisamente os negocios que eles, dende as institucións apoian, baséanse na desvalorización e abandono do territorio».

Para Sánchez é un feito que «o modelo económico defendido polo PP provoca despoboamento, abandono e envellecemento da maior parte do territorio», creando un contexto de espoliación que se retroalimenta a sí mesmo.

«Só en zonas con ese nivel de falla de expectativas se pode vender como oportunidade económica e laboral actividades que xeran moi pouco emprego e que en cambio externalizan uns custes ambientais brutais, que nunca pagan as empresas amigas do PP» -denuncia o voceiro-, recordando que «os datos non minten, pero a conselleira de Medio Ambiente, sí».

Porque para Sánchez, os datos demográficos e de desequilibrio interior, costa e rural urbano dunha Galiza gobernada polo PP «son terribles», o que «non é casualidade» por factores como a aposta polo monocultivo do eucalipto, a falla manifesta de políticas de ordenación do territorio e apoio á tarefa agrícola, a tolerancia con prácticas fraudulentas no sector mineiro ou a avalancha de eólicos que «creará pouco traballo» pero a cambio «hipotecará un desenvolvemento sostible do país» rematando por expulsar á xente do rural «sin que os seus beneficios queden na economía local».

«O eólico chegou a facturar 700 millóns de euros anuais. Prevén duplicar a potencia instalada. Imaxinemos o negocio que o PP está a agasallar aos e ás amigas, do que só quedan migallas» -denuncia o representante de Anova-.

Para Antón Sánchez, o PP traballa a prol do interés privado de empresas como ENCE, Greenalia e Naturgy, e necesitan desvalorizar o territorio «para implantar actividades extractivistas que o desvalorizan aínda máis», pechando deste xeito un círculo tóxico que está a paralizar a política ambiental do Goberno galego.

Neste contexto -denuncia o voceiro- «non é casualidade que non se faga a proposta de ampliación da Rede Natura», dado que isto non se fai para que estas empresas beneficiarias da conivencia do PP de Feijóo poidan instalar eólicos e así facer negocio. Ou neste mesmo senso que se minusvalore o catálogo de especies protexidas e en perigo de extinción, parobado polo bipartito pero que só conta en vigor con 4 dos 200 plans que debería.

Sánchez considera que «nada é casual» e co PP no Goberno «non hai puntada sen fío» porque «son a corrupción absoluta», constituíndo un partido que traballa «precisamente para o contrario do que din», precisamente, para que este tipo de cuestións «non lle estropeen o negocio», un negocio que sen embargo estase a ver ameazado pola forte contestación social existente por toda Galicia a través de movementos en defensa do territorio «que lles van a poñer as cousas moi difíciles».

«Porque a falsa dicotomía que plantexa o PP de Feijóo -remata Sánchez- non é entre desenvolvemento económico ou despoboación senón ao contrario: este desenvolvemento económico é despoboación«.


Alberto Núñez Feijóo /  Ángeles Vázquez Mejuto /  Anova /  Antón Sánchez /  Europa Press /  Partido Popular /  PP /  PPdeG /  Radio Nacional de España /  RNE /  Xunta de Galicia /