Redacción •  Galicia •  02/10/2025

Esquerda Unida ante o asalto das tropas do exército israelí á Flotilla Sumud Global

  • Esquerda Unida condena o asalto dos botes da Flotilla Sumud Global por parte do exército de Israel na tarde do 1 de outubro baixo o pretexto de que entraron na zona de exclusión marcada por eles mesmos. Israel é un estado criminal que non ten competencias legais que exercer sobre unhas augas que non son da súa xurisdición.
Esquerda Unida ante o asalto das tropas do exército israelí á Flotilla Sumud Global

Condenamos tamén a actitude do PSOE por non protexer ás integrantes da Flotilla, demostrándose así que o envío da fragata militar Furor para acompañalos non era máis que unha campaña de propaganda de curto percorrido.

Na tarde de hoxe a ministra de Defensa, Margarita Robles, pedía cinicamente ás integrantes da Flotilla «responsabilidade» e as conminaba a non entrar na zona de exclusión imposta por Israel apelando a que poderían «poñer en risco a vida de moitas persoas», trasladando deste xeito a responsabilidade do que poidera acontecer ás activistas solidarias en lugar de responsabilizar exclusivamente ao goberno xenocida de Israel. Ademais, informou que o buque Furor non entraría nesa zona deixándoos á súa sorte.

Finalmente, despois de intensificar o acoso con drons contra as integrantes da Flotilla, o exército criminal de Israel, segundo informacións de prensa, asaltou ilegalmente os botes poñendo en perigo a integridade dos seus tripulantes. Neste momento descoñecemos en que estado se atopan.

Finalmente, cando máis necesitaban a protección quedaron soas ante o exército criminal de Israel. O buque Furor tiña que acompañar á Flotilla ata súa chegada a Gaza tal e como esixía ao Goberno IU.

Esiximos a liberación inmediata de todos os posibles detidos. Os gobernos dos seus países de orixe, en particular o español, teñen a responsabilidade de velar pola integridade das integrantes da flotilla e impedir que sofran danos. A proclamada solidariedade do Goberno de España con Palestina e a súa condena aos actos xenocidas de Israel ten que ser algo máis que declaracións e coma mínimo romper todo tipo de relacións comerciais, diplómáticas e de todo tipo con Israel.


Gaza /