Redacción •  Galicia •  02/06/2025

Presentación de comunicado de queixa denunciando a reunión de representantes da Xunta de Galicia con Dan Poraz, membro da Embaixada Sionista

  • Presentación pública da queixa o vindeiro martes 3 de Xuño ás 10:30 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela.
Presentación de comunicado de queixa denunciando a reunión de representantes da Xunta de Galicia con Dan Poraz, membro da Embaixada Sionista

Con motivo da xuntanza do pasado mércores 28 de Maio entre a Vicepresidenta do Parlamento Gallego, Elena Candía, e o Director Xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Xesús Gamallo, con Dan Poraz, encargado de negocios da Embaixada Sionista, distintas entidades galegas en solidariedade con Palestina asinamos un comunicado de queixa promovido pola Plataforma Compostela por Palestina, onde entre outras cousas, instamos as institucións públicas a romper calquera relación con Israel.

Por todo iso queremos entregar o mesmo á Presidencia da Xunta e á Valedora do Pobo e así mostrar publicamente e con contundencia o rexeitamento xeneralizado da maioría social cara a este tipo de actos que escenifican á perfección a complicidade do PPdG co xenocidio sobre Palestina.

Comunicado Compostela x Palestina


Palestina /