Ernesto Ilkermn •  Galicia •  21/12/2016

Concentración en defensa das mulleres

Tras os últimos asasinatos, 5 nuns poucos días, Vigo viviu, uns días antes do nadal, unha xornada de luto pero tamén de loita. Por un dereito tan constitucional e básico como é o dereito á vida. Á vida das mulleres. Que están a seren masacradas na Galiza e no estado pola violencia machista dun xeito aterrador.

Concentración en defensa das mulleres
 
Ás veces o agresor é un ex, outras un marido, outras outro home. Ademais do asasinato son tantas e tantas as violencias que acontencen cada día non só na intimidade do fogar, senón ate en espazos públicos que cómpre decir basta. Basta xa de que a muller sexa considerada como un obxeto, unha propiedade que algún delincuente pensa que é del.
 
Os recortes económicos das institucións públicas teñen consecuencias, por mais que se fagan minutos de silencio, ou ate se manipulen as cifras das vítimas para que parezan menos. A consecuencia é en moitos casos a morte. Tanto o estado, como a CCAA ou o Concello non poden eludir a súa responsabilidade na loita contra a violencia de xénero. Tampouco a prensa que moitas veces a usa como nova sensacionalista. E dende logo que todas e todos temos que facer o que estea na nosa man para que nunca máis teña que haber unha concentración porque seguen a matalas. Porque a próxima pode ser a túa nai, a túa irmá, a túa filla ou ti mesma.
 

feminismo /  machismo /  Violencia de Género /