Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia • 12/05/2017

Concentración para pedir o indulto de Carlos e Serafín

A pesar da choiva que finalmente caeu un numeroso grupo de persoas apoiaron a concentración convocada por CIG, CCOO e UGT na que, un mes máis, en vísperas doutro Consello de Ministros, se lle pediu ó goberno do PP que tramite a solicitude do indulto dos dous vigueses que ten o cuestionado ministro Catalá dende fai xa anos.

Concentración para pedir o indulto de Carlos e Serafín
Ao remate da concentración, na que se pediu «Carlos, Serafín ¡Indulto xa!» a Secretaria Comarcal de CCOO interviu en nome de todos para por de manifesto a calaña do «goberno, do seu partido e das súas élites» en referencia a corrupción que afecta ate «ao fiscal anticorrupción e ao fiscal xeral do Estado» que están a ser sinalados porque «maniobraron para torpedear a operación Lezo». «Sufrir este tufo pestilente a corrupción e a cloaca diste país e observar que aquí ninguén dimite e aquí non pasa nada é indignante» remachou Amelia Pérez.
 
Fronte ás ausencias de demisións, cun goberno sobre o que pendura unha moción de censura «parece ser que neste país os únicos culpables de todo somos a clase obreira, os sindicatos, como saben moi ben Carlos e Serafín» continuou denunciando Amelia posto que «se utilizan as institucións do estado para salvar a delincuentes do PP, sin embargo Carlos e Serafín seguen esperando polo seu indulto». 
 
Citando os principios constitucionáis da OIT que establecen que «sen xustiza social non hai paz» rematou a súa intervención afirmando que «non é de xustiza social que non teñan o indulto; non é de xustiza social o que berramos sempre: non pode ser, non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder»
 
 
 
 

Ernesto Ilkermn - Roberto Solano /  indulto /  laboral /  represión /  trabajadores /  Vigo /