Redacción •  youtube.es •  Galicia • 02/02/2018

CxG denuncia a falta de compromiso de Gonzalo Caballero en canto á galeguidade

Compromiso por Galicia considera que "Gonzalo Caballero agóchase en Estremadura para marcar a axenda do PSdG sobre financiamento sen ter en conta as singularidades de Galicia".

CxG denuncia a falta de compromiso de Gonzalo Caballero en canto á galeguidade

CxG considera que Gonzalo Caballero  agóchase en Estremadura para marcar a axenda do PSdG sobre financiamento sen ter en conta as singularidades de Galicia».

Nun acto con Fernández Vara, defensor do «centralismo rancio no PSOE», o secretario xeral dos socialistas galegos deixa clara a súa postura de renuncia á defensa da singularidade de Galicia como Comunidade Histórica na negociación do financiamento autonómico que está por chegar.

Compromiso por Galicia denuncia «é o fraco favor que fai a Galicia ir poñerse ó servizo dun barón socialista que defende o centralismo e que non recoñece a singularidade da nosa Terra».

Para CxG «é moi significativo» que nas declaracións destes “líderes” do progresismo «se igualen de forma tan ridícula ás persoas dependendo do lugar onde residen, non é certo, os problemas non son os mesmos nin as solucións, simplificar esta mensaxe é frívolo e torpe, non todo vale para saír na foto».

 


Compromiso por Galicia /  Redacción /  youtube.es /