Eva Solla: «Un discurso dun presidente máis preocupado da súa posición interna no seu partido que polos problemas reais de Galicia»
“Hai que lembrarlle a Feijóo que moitas galegas e galegos pasarán a noite nun corredor de urxencias por mor dos recortes de persoal”.

“O discurso do Sr.Núñez Feijóo deixa claro que nin os servizos públicos, nin a industria , nin os sectores primarios do noso país son a principal preocupación da Xunta de Galicia, xa que o presidente apenas lles adicou unhas palabras” manifesta a coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla sobre o discurso pronunciado hoxe polo presidente da Xunta de Galicia.
Sen embargo, Feijóo si utilizou a súa mensaxe para sacar peito “do seu modelo económico frente ao de outras comunidades utilizando o tema Catalunya” continúa Solla, “que saque peito o presidente que máis endebedou a nosa comunidade autónoma é realmente lamentable”. “Unha débeda que non se utilizou para a mellora dos servizos públicos, que hoxe Feijóo fale da modernizar a educación e a sanidade coa situación que temos nos corredores de urxencias do noso país, é un insulto”.
“Hai que lembrarlle a Feijóo que moitas galegas e galegos pasarán a noite nun corredor de urxencias por mor dos recortes de persoal”.
“Que fale de terrorismo incendiario é tamén un insulto, cando dende outubro non se tomou unha soa medida para asegurar o correcto funcionamento da prevención do lumes nin tampouco –se doutou- de medios suficientes para a súa extinción” di Eva Solla.
Dende Esquerda Unida lembramos a necesidade de que os servicios de prevención e extinción sexan cento por cento públicos.
“Que Feijóo saque peito co incremento do turismo, sen adicar unha palabra ao sector primario e a industria, revela o modelo económico é dicir, incremento da débeda, sector servizos, e polo tanto emprego precario e destrución do sectores primario e secundario que leva a perda de soberanía para o noso país”
En resumo, un discurso dun presidente máis preocupado da súa posición interna no seu partido que polos problemas reais de Galicia, ningunha palabra para a industria, para o agro, para o mar, nin para os recortes na sanidade pública, nin na educación, en definitiva ningunha palabra para as persoas que padecen as súas políticas, un presidente moi alonxado dos problemas de Galicia.