Redacción •  Actualidad •  Galicia •  31/08/2020

EU esixe á Xunta que inclúa as casas de apostas e bingos dentro dos locais de obrigado peche ante o risco de brotes

Esquerda Unida non entende que nestas condicións a Xunta de Galicia permita seguiren abertos os locais adicados ao xogo e apostas, permitindo incluso neles a venda de alcohol.

EU esixe á Xunta que inclúa as casas de apostas e bingos dentro dos locais de obrigado peche ante o risco de brotes

O pasado día 15 de Agosto a Xunta de Galicia publicaba unha orde que modificaba os horarios de apertura da hostaleira en Galicia coa fin de frear a propagación da Covid-19 nesta segunda onda de contaxios. Así, o horario de apertura de dos establecementos de hostaleira e restauración quedaba fixado ás 01:00 non podendo recibir clientes alén da medianoite. Ademais, a norma ordenaba o peche de discotecas e locais de ocio nocturno.

Esquerda Unida non entende que nestas condicións a Xunta de Galicia permita seguiren abertos os locais adicados ao xogo e apostas, permitindo incluso neles a venda de alcohol.

Os horarios establecidos para estes negocios segundo a normativa vixente fixan o seu peche nas 04:00 da madrugada para casinos e bingos e nas 02:00 para os salóns e casas de xogo e apostas. Esta situación supón, por tanto, un agravio comparativo co resto de negocios nocturnos e un perigo para a saúde pública.

Esquerda Unida denuncia a actitude de continua defensa do Partido Popular do lobbie das apostas e lembra que o voto en contra do PP na pasada Lexislatura á Lei contra a proliferación do xogo traballada desde Esquerda Unida impediu non só que se puxera coto á extensión destes negocios perniciosos para a saúde, se non que tamén impediu a prohibición da venda de alcohol nos mesmos.

A mostra de que a Xunta do Partido Popular beneficia ao sector do xogo fronte, neste caso, á hostaleira, amosouse xa no verán cando a estes establecementos se lles permitiu abrir cun 75% do aforo en troques do 66% establecido para os bares e locais de ocio nocturno. Agora, que o incremento de casos de covid-19 significou a mudanza dos horarios para toda a hostaleira supondo o peche permanente de moitos negocios, a Xunta decide beneficiar aos bingos e casas de apostas excluíndoos da norma, podendo ademais servir alcohol e outras bebidas.

Esquerda Unida esixe á Xunta que aplique as mesmas restricións no sector do xogo que na hostaleira e peche estes locais. Así mesmo lembra o incumprimento continúo do Partido Popular e da Xunta en frear o avance do xogo no noso país que supón un grave problema de saúde pública.


casas de apostas /  casas de apuestas /  COVID-19 /  Esquerda Unida /