O idioma da Galiza é o galego, é unha realidade non unha ameaza
A España da dereita e tamén de algúns progres e os EEUU de Donald Trump son os únicos países onde un MONOlingüe pode creerse superior a un bilingüe. Teñen a ignorancia como bandeira, como dixo Unamuno unha persoa profundamente de dereitas: «o que máis odia o fascismo é a intelixencia».
Xente capaz de tatuarse o nome dos seus fillos en chino ou en élfico pero indignase cando os galegos falan en galego, os cataláns falan en catalán, ou os vascos falan en euskera, a estupidez levada a sua máxima expresión.
Un galego pode falar o seu idioma, ademáis do castelan e pode entenderse perfectamente con quen fala en portugués grazas a irmandade do galego e o portugués, idiomas cunha mesma raíz, pero un facha que fala castelán e mal pode chamarnos paletos en Españistan.
Neste contexto o noso idioma continua estando en perigo sobre todo por acción ou por omisión dun goberno da Xunta de Galiza que o menosprecia, en vez de defendelo como un tesouro, como parte da identidade do pobo galego, unha parte imprescindible para seguir sendo galegos.
O galego na Galiza foi sempre o idioma da clase traballadora, o idioma do campesinado, da casa do humilde, o idioma do pobo que non o dos señoritos, falado como acto de rebeldía a pesar das prohibicións e as humillacións.
O goberno do PP tanto na Galiza como en Madrid veu sempre o feito identidario de ter un idioma propio na Galiza, como en Cataluña, ou Euskadi, como un perigo para a sacrosanta unidade do Estado español, como unha agresión ao españolismo rancio que eles representan, agora VOX un partido nacido do PP simplemente amosa a sua ignorancia e o verdadeiro rostro dunha dereita que é herdanza directa da dictadura franquista.
Pero é de xusticia lembrar que no goberno do PSOE tamén teñen como Ministro de Interior, un Xuíz, Fernando Grande–Marlaska, que se atreveu na sua etapa na xudicatura a decir que o galego é un dialecto e a menosprecialo como idioma.
Non ten idiomas de primeira e de segunda categoría, todos os idiomas do mundo deberían ser declarados patrimonio da humanidade, porque son moito máis cun xeito de comunicarse, son o froito da evolución dos pobos e da humanidade no seu conxunto, son séculos de construcción dunha comunidade lingüística.
O feito de que no Estado español poidan convivir catro idiomas como son o castelán, o catalán, o euskera e o galego debería ser visto como un tesouro, como unha posibilidade de enriquecimento mutuo.
Por desgracia no Estado español non é así, segue tendo xente que pensa que falamos galego para molestar, que o facemos por ignorancia, ou que falar galego é un atraso, é xente que non entende nada, e vai a dar igual que o expliques en galego, en castelán ou en chino mandarín, porque non queren entender.
A ultradereita móvese por odio, por medo ao diferente, os manten na ignorancia a herdanza do nacional catolicismo e do franquismo da «España una, grande y libre» que nunca foi ningunha das tres cousas nesta oscura etapa da nosa historia.
Debemos continuar a loita para que no Estado español entendase que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría, que o idioma da Galiza é o galego e iso non é unha agresión, nin unha ocurrencia, é unha realidade ao longo de séculos de historia, que os idiomas non separan si non que abren fronteiras na terra e na mente.
É un acto revolucionario e de resistencia usar o galego na nosa vida diaria, non o facemos por amolar a ninguén, nin como unha opción política, o facemos porque estamos na Galiza, porque o galego é o noso idioma, porque nos apetece e nos da a gana, e sobre todo porque é unha necesidade defender un patrimonio do noso pobo tan importante como o galego.
A nosa obriga é recuperar e salvagardar o noso idioma para as futuras xeneracións, para seguir existindo.