La Tienda Republicana

xornalismo

O Colexio de Xornalistas reclama aprobar unha lei de transparencia galega e avanzar no dereito de acceso á información

O 28 de setembro celébrase o Día Internacional do Dereito a Saber, unha xornada conmemorativa establecida en 2002 para concienciar á poboación sobre a importancia do dereito á información e impulsar sociedades abertas e democráticas nas que a cidadanía participe das decisións públicas. O dereito a saber, que garante o acceso á información das institucións, é unha ferramenta fundamental para a rendición de contas e o exercicio do dereito á información, recoñecido na nosa contorna desde a aprobación da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno no 2013.

O Colexio de Xornalistas volve reclamar a creación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos da CRTVG

Neste sentido, cómpre lembrar a obriga de que a CRTVG habilite as canles necesarias para que sexa posible o cumprimento da Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, e que establece como principios no seu artigo 4, tanto no "reflexo do pluralismo ideolóxico, político, cultural e social de Galicia" como na "obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, así como o respecto á liberdade de expresión e á formación dunha opinión pública plural".
 

Suscribirse a xornalismo