La Tienda Republicana

servizos públicos

Vilalba Aberta demanda do Concello que asuma a xestión da Piscina coma paso previo á remunicipalización do servizo

A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público o seu posicionamento ao respecto da saída a concurso do servizo da Piscina e o Parque Acuático para os próximos catro anos. Un debate, previsto na orde do día do Pleno Ordinario do vindeiro luns e no que a formación asemblearia defenderá o inmediato control municipal de ámbolos servizos coma paso previo á súa definitiva remunicipalización.
 

En Marea comprométese en Verín con acabar coas privatizacións dos servizos de emerxencias e “gastar mais en prevención para non ter que gastar tanto en extinción“

O candidato á presidencia arrancou o seu discurso denunciando a actitude do PP de Ourense coa candidatura de En Marea. “Baltar non nos quería aquí. O PP non nos quería aquí. Queríanos calados. Como Feijóo cando se trata de defender este país. Porque o PP non acaba de comprender a democracia. O noso Davide, o noso alcalde da Manzaneda rebelde, é a proba. É nestes casos, casos como o da denuncia fanada contra o Davide, cando o PP amosa a súa cara antisistema“ afirmou Villares.

En Marea comprométese a reverter as privatizacións dos servizos de emerxencias e extinción de lumes impostas polo PP e redactar o Estatuto do Bombeiro demandado polos profesionais

O cabeza de lista ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, trasladou aos bombeiros o compromiso poñer fin a actual situación que están a padecer cando o Goberno do cambio se cristalice tras as eleccións do vindeiro 26 de xuño e que tamén nun servizo fundamental como son as emerxencias se converte en indispensable para acabar coa dramática situación actual.

Suscribirse a servizos públicos