CxG •  Redacción •  Galicia •  14/09/2016

Compromiso integra as propostas da Rede Galega de Loita Contra a Pobreza

Xoán Bascuas reuníuse en Santiago con representantes de EAPN-Galicia para tratar a situación actual dos servizos sociais e das entidades sen ánimo de lucro, o chamado terceiro sector.

Compromiso integra as propostas da Rede Galega de Loita Contra a Pobreza

Como recolle o programa de Compromiso por Galicia, Bascuas recalcou a necesidade de reforzar o apoio á iniciativa social sen ánimo de lucro. No encontro falouse da necesidade de “crear estruturas que traballen doutra forma, que coordinen os esforzos en sanidade, educación, protección de menores e o resto de servizos sociais. Crear unha figura con capacidade executiva para facer máis eficientes os recursos”.

Igualmente, discutiuse a necesidade de elaborar unha Lei do Terceiro Sector para garantir un estandar de calidade na prestación de servizos sociais e erradicar o chamado “lucro da probreza”. Plantexouse a apertura dun diálogo civil no que participen as entidades sociais. Falouse dos problemas da mocidade, prioridade urxente na actulidade no tocante ao risco de exlusión de social, e da necesidade que chegar a un grande pacto de compromiso coa infancia. Na reunión criticouse a actitude cortopracista das administracións públicas cando se trata de desenvolver políticas sociais, “xa que se atenden os asuntos en función da actualidade e do fluxo informativo”.


Compromiso por Galicia /