proxecto eólico Pena Forcada Catasol II

Antón Sánchez: "A veciñanza non ve qué beneficio vai sacar do parque eólico Pena Forcada-Catasol II"

Para o deputado, o caso do parque eólico Pena Forcada-Catasol II "é o que está a pasar a pequena escala" no resto de Galicia polas erróneas decisións do Partido Popular de regalarlle ás grandes eléctricas "os centos de millóns de euros que facturan todos os anos".

Antón Sánchez carga contra a xestión do sector eólico por parte da Xunta de Feijóo

Durante a presentación esta semana da Proposición Non de Lei  de En Marea en rexeitamento á autorización da Xunta a este polémico proxecto considerou que aínda que Galicia ten "un territorio cun potencial enorme en horas de vento, un recurso eólico que non ten parangón en toda a Península Ibérica", o que fixo o Partido Popular "foi lexislar para que eses recursos fosen para beneficio dunhas poucas empresas", sobre todo de fóra.

En Marea oponse aos novos proxectos eólicos de Gas Natural Fenosa na Costa da Morte

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado da área de Industria, Francisco Casal, explicaron en rolda de prensa no Parlamento galego que, entre outras cousas os aeroxeneradores destes proxectos, que serían dos máis grandes de Galicia, "triplican as dimensións da Torre de Hércules" nun dos territorios "de maior valor paisaxístico da Península".
 
Suscribirse a proxecto eólico Pena Forcada Catasol II