André Abeledo Fernández •  Opinión •  21/09/2023

Galego, catalán e Euskera, benvidos a normalidade democrática

Os idiomas das nacións que fan parte do Estado español teñen amosado no Congreso que son unha gran ferramenta espanta fachas.

Os 33 cromañons de VOX volveron a sua cova ao escoitar falar en galego, catalán, e euskera no Congreso, teñen saido correndo pero coñecendo o gando seguro que pretenden cobrar o día igual.

O PP como partido de ultradereita españolista teñen votado en contra de que falen galego, catalán, e euskera, no Congreso, supoño que algúns terán sentido vergoña de si mesmos.

A verdade que si non entenden inglés, como para ter que apuntarse a máis clases de idiomas Feijóo e compañía.

Feijóo pasou de usar a diario o galego, e de falar galego no parlamento da Xunta de Galicia, e agora abergoñarse e renegar como Xudas da súa nazón, do seu pueblo, e de seu idioma.

Castelao nos deixou moitas leccións como un dos homes ilustres da nosa nazón, de Galicia.

«¿Con qué dereito se nos obliga a aprender a lingua de Castela e non se obliga aos casteláns a aprender a nosa?“ 

«Nosa «lingua rústica» vive porque todavía temos moito que dizer nela.»

«Si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma.“ 

«Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.“

Falar galego na Galiza continúa sendo un acto necesario, atrevome a dicir que ata revolucionario, para seguir sendo.

Sei que non son o único traballador cara o público, que nalgún momento da súa vida tense sentido agredido por usar o seu idioma, o galego, na súa propia terra.

No meu caso son xa casi 30 anos traballando cara o público en distintas empresas, e teño tido que soportar este tipo de actitudes, irrespectuosas, e intentos de humillación en demasiadas ocasións, sempre son demasiadas porque non debería suceder nunca.

Cando un cliente me recrimina por falar en galego na Galiza existe claramente un problema, cando alguén se atreve a dicir que non te dirixas a el nese dialecto e o fagas en español, esta tentando denigrar o noso idioma  e está a agredir aos galegofalantes na súa propia terra, o fan aproveitando ademais a situación de vantaxe e superioridade ao agredir a unha persoa que esta traballando e non pode responder como é debido.

Neste caso ademais os galegofalantes nos atopamos cunha gran indefensión, cando se vulnera o dereito fundamental de poder utilizar o galego na Galiza non temos ferramentas legais para defendernos.

A verdade que cando tentar humillar o teu idioma é difícil manter a compostura. Persoalmente cando vexo que é xente de fóra sempre cambio ao castelán, non teño problema, pero normalmente os estranxeiros son os máis educados, e ata lles gusta escoitar a nosa fala. O problema ven cando dás con algún Talibán nacionalista español.

Namentres existan este tipo de actitudes que tentan humillar o meu idioma e menosprezar a miña nación dificilmente poderá haber convivencia.

Namentres se vulneren impunemente os meus  dereitos fundamentais como galego, se menosprece o meu idioma, o meu acento e a miña cultura será imposible que me sinta parte do Estado español.

Namentres teñamos un goberno da Xunta de Galicia que traballa para facer do noso idioma algo residual, e un españolismo que nos ve e nos trata como inferiores, a nosa mellor arma e falar galego para seguir sendo galegos.

André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en MERCADONA)


Opinión /