La Tienda Republicana

Ourense

Apersa-Pérez Rumbao despide en represalia dous afiliados da CIG

O concesionario Apersa, que comercializa as marcas Audi e Volkswagen en Ourense, vén de despedir dous afiliados da CIG con máis de 15 anos de antigüidade en represalia pola súa actitude reivindicativa. A medida exemplarizante da empresa, que fai parte do Grupo Pérez Rumbao, ten lugar no marco das reivindicacións por un convenio xusto no siderometal ourensán, que supuxeron dúas xornadas de folga o pasado mes de xuño.

Colectivos sociais e ecoloxistas pídenlle ao Concello de Ourense que asuma as súas responsabilidades e convoque o Consello Municipal da Mobilidade

Por iso, veñen de presentar o venres 23 de setembro unha solicitude por rexistro unha solicitude formal para a constitución do Consello Municipal da Mobilidade, como "ferramenta útil a cidadanía". As entidades pensan que a actual mesa de mobilidade debe de converterse nun consello municipal, que posibilite tomar acta e que as decisión alí tomadas "sexan tidas en conta e sexan vinculantes".

Luís Villares: "O verdadeiro programa do PP ven con suplemento, o Código Penal“

Referiuse as declaracións do candidato do PP e presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, a tres días das eleccións autonómicas nun programa de radio estatal que a súa amizade co narcotraficante Marcial Dorado foi un erro do que se arrepinte. “Grazas por arrepentirte estaría ben que agora pediras perdón pola vítimas do narcotráfico. Non sabía nada como tampouco sabe nada de Baltar. Como vai confiar o país nun candidato que está a mentir todo o dia“ afirmou.

Amigos da Terra insta ao Concello de Ourense a tomarse en serio as políticas de mobilidade

Amigos da Terra aposta polo transporte alternativo en Ourense

Ao respecto, especifícan que tales medidas suscitan "un importante consenso entre os distintos colectivos representados" e cómpre contar "con prazos precisos de execución e un orzamento para tomar as medidas oportunas", como en canto á pacificación do tráfico (pasos de peóns elevados, zonas 30, xerarquía de prioridade), campañas de concienciación que inclúan medidas coercitivas, penalizacións ou desenvolvemento de melloras que faciliten os desprazamentos a pe, fomenten o oso da bicicleta ou desinventiven o uso de vehículo privado.

Suscribirse a Ourense