Luis Villares

Luís Villares valora o resultado electoral de En Marea

Entre os condicionantes que motivaron aos resultados por debaixo das expectativas marcadas por En Marea, Luís Villares salientou a falla de tempo o que condicionou moito a capacidade de chegar coa nosa mensaxe á cidadanía pero “ábrese un tempo novo no que trasladaremos o noso proxecto para a sociedade e esperamos de aquí en adiante ter o respaldo da maioría social“.
 

Luís Villares critica a Alberto Núñez Feijóo por negarse a debater públicamente en TVE

En Marea lamenta a covardía de Feijóo que se negou a participar no debate que estaba a organizar a canle pública de televisión estatal TVE. En Marea amosou dende o primeiro momento a súa disposición a participar nun debate a cinco que pretendía organizar a canle de televisión estatal pública. Hoxe mesmo En Marea acudiu á xuntanza á que foran convocadas as cinco organizacións para ultimar detalles, xuntanza á que non asistiu o Partido Popular.
 

Luís Villares: “Feijóo dinamitou a sanidade pública galega causando moitísimo sufrimento á xente”

Tras o encontro Luís Villares asegurou que “Feijóo é a dinamita da sanidade pública galega” xa que “destruíu completamente o sistema sanitario público causando moitísimo sufrimento á xente, que deixou de recibir tratamentos ao que tiña dereito, que padece listas de espera”. “Desde En Marea queremos transmitir a garantía do dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao servizo.

Luís Villares destaca o compromiso de En Marea co equilibrio territorial e a solidariedade en clave de país

En Marea presentou hoxe en Lugo aos homes e mulleres que conforman a candidatura pola provincia de Lugo. O acto tivo lugar na Porta Miñá, a máis antiga da muralla lucense, escollida polo seu simbolismo. Esta presentación é a primeira das catro que se van a levar a cabo nos vindeiros días para dar a coñecer as distintas candidaturas provincia a provincia.

Luis Villares destaca a capacitación profesional e solvencia política das listas de En Marea para as eleccións galegas

Así mesmo, referiuse á composición das candidaturas provinciais de En Marea que asegurou recollen a pluralidade da confluencia e conseguiu que “todo  o mundo se sinta ben representado”. Villares destacou de xeito especial a “grande capacitación de carácter profesional e a solvencia política” das candidaturas de En Marea que lograron “conformar moi intelixentemente unhas candidaturas que van ser sen dúbida unha alternativa moi boa para asumir o proceso electoral e que seducirán a maior parte da sociedade sen dúbida”.

Suscribirse a Luis Villares