La Tienda Republicana

Lei de depredación

Antón Sánchez: "A Lei de Depredación non se fixo para evitar a deslocalización, senón para facilitarlle as cousas ás empresas eléctricas e mineiras dun xeito antidemocrático"

No Pleno celebrado o martes 7 de maio no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez espuxo na súa intervención que la Lei 5/2017 vendeuse por parte do PP "como a panacea contra a deslocalización de empresas e a fixación de capital estranxeiro en Galicia", pero que en realidade os datos indican o fracaso da norma, pois Galicia captou no primeiro semestre do ano 32,6 millóns de euros, un 33% menos do que xa captara no mesmo período do ano anterior, nun ano no que o Estado español foi record no incremento de captación de inversión estranxeira.

Antón Sánchez califica de "modelo de expolio" o plantexamento do sector eólico promovido polo Partido Popular de Galicia

Deste xeito, nun sector cunha facturación que supera os 600 millóns de euros, máis do 85% do capital investido é estranxeiro, de mans das grandes eléctricas, bancos e fondos voitre.

"En cambio para o noso país só quedan as migallas" -denuncia Sánchez-, pois o único que busca o Goberno galego do PP coa chamada "Lei de Depredación" é "acelerar o espolio da riqueza de Galicia aínda que sexa a costa do impacto paisaxístico e ambiental".

Moción para declarar a Narón Municipio oposto a chamada Lei de depredación da Galiza

A Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, é unha lei que facilita ás multinacionais a depredación da nosa terra.
 
André Abeledo defenderá no Pleno deste mes de Outubro a Moción en rexeitamento a Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

Unha lei aprobada no Parlamento galego cos únicos votos do PP aproveitando a súa maioría absoluta. 

Suscribirse a Lei de depredación