Redacción •  Galicia •  31/10/2019

En Común fai un chamamento en Boiro á cidadanía para mobilizarse e garantir un Goberno de esquerda

Nun fermoso acto na vila costeira, as candidatas de Galicia En Común insistiron na necesidade de trasladar a proposta da candidatura á cidadanía e facer “un chamamento á mobilización” para garantir que haxa un Goberno de esquerda.

En Común fai un chamamento en Boiro á cidadanía para mobilizarse e garantir un Goberno de esquerda

“Temos que romper o bipartidismo, as enquisas reflexan que estamos moi preto de sacar un segundo escano por A Coruña. É importante saír con forza e facer que haxa un Goberno de esquerdas e que Galicia esté dentro desde Goberno”, incidiu Gómez-Reino. O deputado resaltou tamén a necesidade dun Goberno “que se tome en serio a rexeneración das rías galegas e que poña en valor o traballo da xente do mar”. “Temos que poñer en valor a defensa dos nosos sectores, o mar, o leite, e defender as traballadoras precarias dos produtos elaborados do mar e das conservas. Desde Galicia en Común loitaremos para derogar a reforma laboral e conseguir mellores condicións laborais”, sinalou.

Pola súa banda, Loreto Taibo sinalou que desde Galicia en Común voltamos presentarnos “co compromiso de mudar esta realidade e desigualdade social, polas políticas bipartidistas e de dereitas do PP e PSOE”. “Apostamos por manter un sistema público de pensións, derogando o factor de sostibilidade, vincular as pensións ao IPC e potenciar os servizos públicos”, sinalou a candidata.

No acto tamén participaron José G. Rebollido e Verónica Núñez, de Podemos Boiro e EU Boiro, respectivamente. Verónica Núñez destacou que o programa de Galicia en Común “propón unha saída progresista e de esquerdas para as problemáticas reais e ás condicións materiais que soportan as traballadoras e traballadores”.


En Común Unidas Podemos /  Esquerda Unida /