André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/11/2021

A patronal xoga a gañar ou gañar.

Cando goberna a dereita impón leis e reformas que favorecen a patronal, a oligarquía e aos poderes económicos, aproveitan o poder para lexislar en contra das traballadoras e dos traballadores, arrebatando dereitos e facilitando a precariedade laboral e o despedimento como arma que sementa o medo entre os traballadores.
E cando goberna a socialdemocracia nos falan do pacto social e de negociar para recuperar unha pequena parte de todo o perdido.
E neste círculo vicioso ao final sempre perdemos os mesmos e gañan os de sempre.
A patronal aperta con tódas as súas forzas para non perder o terreo gañado aos sindicatos e aos traballadores, non están dispostos a reformar ó mercado laboral en favor da maioría, non queren de ningunha maneira negociar en pé de igualdade, intentan manter os seus privilexios a calquera prezo.
Lembremos que os que decidiron axudar a Pablo Iglesias e a Podemos a ocupar o espazo político da esquerda, o fixeron para logo tentar de destruílo cando xa non lles era útil, hoxe teñen cambiado de cabalo gañador, pero non de estratexia.
Andre Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /