La Tienda Republicana

EXTEL

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas"

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente.

Miles de persoas manifestánse contra o ERE en Extel e por un traballo digno nos centros de chamadas

A xornada de folga convocada nos centros de chamadas por un convenio digno tivo na cidade da Coruña unha especial relevancia pola ameaza de despedimento de 205 traballadoras/as, a través do ERE de extinción presentado por Extel. Por esta razón, alén de demandar un convenio digno, todo o sector amosou a súa solidariedade co persoal desta empresa participando na multitudinaria manifestación que discorreu na tarde do 6 de outubro pola rúas do centro da Coruña cun berro unánime: "este ERE ímolo parar".
 

En Marea fai un chamamento á cidadanía a participar esta tarde na mobilización en apoio aos traballadoras e traballadores de Extel para evitar 205 despedimentos

Desde En Marea consideran inxusto e inxustificado o ERE presentado pola empresa coa que pretende acabar con 205 postos de traballo no centro da Coruña alegando unha baixada de chamadas que nada ten que ver coa realidade. Por este motivo, En Marea instou á empresa a reconsiderar a decisión e esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie neste conflito laboral de xeito inmediato.
 

Antón Sánchez: “Non se pode consentir que máis do 50% dos despedimentos de EXTEL a nivel estatal sexan en Galicia”

“Estamos apoiando ao sector dos teleoperadores, o que mellor simboliza o modelo de precariedade, de recorte dos dereitos laborais e de represión sobre os traballadores que se mobilizan defendendo os seus dereitos”, denunciou o deputado electo de En Marea Antón Sánchez, que engadiu que “non se pode consentir que máis da metade dos despedimentos de EXTEL sexan en Galicia”, pois o 58% das baixas que a empresa plantexa para o conxunto do Estado son do plantel da Coruña.

Suscribirse a EXTEL