La Tienda Republicana

Eva Solla

Eva Solla, respecto ao informe sobre as Contas do Sergas: “A Xunta debería pedir desculpas aos profesionais da sanidade pública”

A pesar deste contexto de saturacións e recortes, Solla apunta que “o informe do Consello de Contas denuncia (na páxina 107) o incremento da temporalidade no SERGAS e advirte a diminución de 582 efectivos de persoal propietario e un incremento tanto das persoas interinas como das eventuais. Este informe afirma que o persoal que recupera praza en propiedade é o 62% do total, polo que os datos ofrecidos no Parlamento son mentira.

Eva Solla: “A Xunta está a ser cómplice da impunidade nos casos relacionados coa Carioca”

Compostela, 30 de xullo de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Raquel Bernárdez, coordinadora da área da Muller de Esquerda Unida, veñen de ofrecer unha rolda de prensa para esixir a implicación da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para presentarse como acusación no marco do Día Mundial contra a Trata de Personas.

Esquerda Unida celebra este 25 de Xullo os 40 anos da constitución dos primeiros concellos democráticos, en Mugardos

Compostela, 22 de xullo de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de presentar en rolda de prensa o acto de Esquerda Unida para o vindeiro 25 de Xullo en Mugardos e que leva por título: “Un fío vermello para tecer alternativa de país”. “Fai dous anos comezamos a celebrar en Mugardos esta data poñendo o aceno na importancia das alcaldías democráticas, homenaxeando a Juan Prieto Balsa, último alcalde republicano asasinado pola ditadura franquista.

Eva Solla: “Un de cada tres nenos e nenas de Galicia sofre de sobrepeso e obesidade infantil”

A deputada explicou que tanto en España como en Galicia sufrimos un problema de malnutrición “debido ao abandono de hábitos beneficiosos, como a dieta Atlántica”. Tal e como lembrou Solla, “dende fai anos, falamos de abrir os comedores escolares en verán ou de tomar medidas ante o aumento da pobreza e o que isto pode afectar á infancia”. En 2013, a Xunta presentou o Plan Xermola, un plan “moi criticado, xa que non recollía medidas relacionadas á alimentación e á pobreza”.

Eva Solla: “Coas casas de apostas revivimos un problema equiparable ás drogas no anos 80”

Compostela, 02 de xullo de 2019. Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, levou esta mañá á Comisión de Sanidade unha serie de preguntas respecto ao “insuficiente” anteproxecto de Lei Reguladora dos Xogos e Apostas de Galicia impulsado polo Goberno galego que, segundo valorou, “é unha cortina de fume, unha fraude que non satisfai as demandas sociais e que semella ir parella á actitude da Xunta de permitir a expansión do xogo, coñecendo o problema tan serio que isto significa”, apunta.

Eva Solla: “Teremos que recorrer á xustiza para que nos responda sobre os datos das listas de espera non estruturais?”

Compostela, 12 de xuño de 2019. Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, interpelou esta mañá ao Conselleiro de Sanidade respecto á falta de transparencia da Consellería en relación ás listas de espera non estruturais do SERGAS, unha situación “habitual” pero “incomprensible”. “Teremos que recorrer á xustiza para que nos responda sobre os datos das listas de espera non estruturais?”, inquiriu Solla.

Esquerda Unida cualifica de “fraude” a futura Lei do Xogo de Galicia impulsada polo PP

Compostela, 06 de xuño de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, cualificou “de fraude” o anteproxecto de Lei Reguladora do Xogo de Galicia que ten presentado o PP e que pretende actualizar a obsoleta Lei do Xogo. “Valoramos hoxe o anteproxecto presentado polo PP sobre o xogo como unha auténtica fraude, que non aborda todos os compromisos e demandas sociais en relación á necesidade de frear a implantación do xogo no noso país”, sinalou Solla en rolda de prensa.

Aprobada por unanimidade a iniciativa de Eva Solla para promover a regulación de funcións do persoal técnico de enfermería actualizando e adaptando a normativa á realidade actual

A Organización Mundial da Saúde leva advertindo dende o ano 2000 da necesidade de avanzar nunha axeitada distribución das tarefas entre as e os profesionais sanitarios, unha cuestión que non tivo unha aplicación global en España e que actualmente produce un déficit en relación ao recoñecemento e formación de determinadas titulacións, como pode ser a do persoal técnico en Coidados de Enfermería.

Eva Solla e Vanessa Angustia arroupan a candidatura de Podemos-EU Son En Común en Pontevedra para poñer en práctica medidas sociais por e para a cidadanía

Eva Solla resaltou “a necesidade de ter unha opción política que traballe polas necesidades das persoas” na cidade. Segundo sinalou, “Pontevedra ten un importante índice de pobreza, polo tanto, ten moitas necesidades que atender”. Entre estas, Solla destacou a “necesidade de aumentar o número de prazas nas residencias de maiores, aínda que tamén en escolas infantís”.

Eva Solla chama a votar á Marea de Marín, “unha candidatura que coñece as necesidades da veciñanza”

Marín, 22 de maio de 2019. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, estivo apoiando á candidatura de Marea de Marín. “É imprescindible que o Concello saia da parálise na que está instalado. A pesar de ter unha maioría nun concello que asegura que é ‘de esquerda’, a verdade é que non se fixo nada para veciñanza.

Páginas

Suscribirse a Eva Solla