La Tienda Republicana

EU

Eva Solla presenta a súa candidatura ás primarias de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia

Eva Solla vén de ofrecer unha rolda de prensa en Compostela para presentar a súa candidatura ao proceso de primarias de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia. A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia lembrou nada máis comezar a rolda de prensa que esta organización “vén de arrincar este mes as súas primarias á candidatura da presidencia da Xunta de Galicia, entendendo que a situación social de Galicia, dez anos despois da crise económica, require preparar con responsabilidade o proceso de cara ás eleccións autonómicas”.

Esqueda Unida Nalón entende fora de lugar sacar a concurso, por dez anos, o contrato da recollida do lixo e limpeza viaria en Narón.

André Abeledo, portavoz da coalición da EU en Nalón, recorda ao Equipo de Goberno que os contratos de suministros e de servizos de prestación sucesiva terán  un prazo máximo de duración de cinco anos, incluíndo as posibles prórrogas que en aplicación do apartado segundo deste artigo acorde o órgano de contratación, respetando as condicións e límites establecidos nas respectivas normas orzamentarias que sexan aplicables ao ente contratante.

Esquerda Unida recorda que detrás de cada feminicidio hai un sistema patriarcal e chama á participación nas concentracións contra a violencia machista do martes 20D

As vítimas mortais de agresións de xénero son só a parte visible dunha problemática con raíces moi fondas e “detrás de cada feminicidio hai todo un sistema patriarcal”. “Piropos, cousificación, medo a transitar soas pola rúa, fenda salarial, fenda das pensións, feminización da pobreza, colexios que segregan por xénero, ausencia de educación afectivo-sexual, sesgo de xénero na atención sanitaria e na investigación: "ti non sabes diso", ser xulgadas polo aspecto e pola idade na política, no sindicalismo e no traballo...

Alberto Garzón pide a Podemos no "obcecarse" con la forma jurídica de En Marea

Las bases de Podemos se expresaron claramente hace tan solo unos días. Con un 75% de votos a favor de integrarse en En Marea para concurrir a las cercanas elecciones autonómicas gallegas en compañía de otras fuerzas como EU (la federación gallega de Izquierda Unida), ANOVA, EQUO y Espazo Ecosocialista. Sin embargo la dirección gallega de la fuerza morada ha puesto unos requisitos que no han gustado a En Marea.

EU leva a cabo unha campaña animando ás familias galegas a que non se matriculen na materia de Relixión

A área de Educación de Esquerda Unida levou a cabo estes días unha campaña informativa na que animaba ás familias do alumnado galego a non matricular aos seus fillos na área de Relixión, optando así pola materia  de "Valores Sociais e Cívicos".

 

Xabier Ron critica o baleiro creado polo PP con respecto ás políticas públicas culturais e a xestión "totalmente neglixente" dos parques arqueolóxicos

Na súa intervención, Xabier Ron centrouse na situación actual provocada polo Partido Popular. "Asistimos a un auténtico baleiro no tocante a políticas públicas culturais sometida ás leis do mercado, o que fai que á cidadanía quede afastada, relegada no dereito ao acceso da cultura" -afirmou-.

Suscribirse a EU