Redacción •  Galicia •  23/10/2023

As traballadoras das escolas infantís volverán o mércores á folga ante a falta de avances na negociación

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volverán á folga este mércores, 25 de outubro, en resposta ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, cuxas táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

As traballadoras das escolas infantís volverán o mércores á folga ante a falta de avances na negociación

Como na primeira xornada de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), que foi un éxito, o persoal mobilizarase nas cidades de Vigo e A Coruña:

– Na Coruña, a mobilización será ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra até o Obelisco, pero ademais, de non rectificar o Concello da Coruña os abusivos servizos mínimos decretados para as escolas infantís municipais (de xestión privatizada), a protesta continuará dende o Obelisco até a Praza de María de Pita.

– En Vigo, a mobilización será ás 12:00 horas diante do MARCO e o persoal irá en manifestación até a Porta do Sol.


CIG /