La Tienda Republicana

En Marea

En Marea denuncia a ocultación de información pública relativa aos contratos cunha multinacional por parte do SERGAS

Desde En Marea entenden que esta introdución das empresas de xeito escuro é un paso máis no intento de consecución desas áreas de xestión clínica mal logradas que intentan agora acadar pola vía dos feitos como denunciou Eva Solla.

En Marea presenta 14 medidas para acabar coa estafa masiva no recibo da luz en España

Entre 2005 e 2016 o prezo da electricidade para o consumidor doméstico en España incrementouse nun 100 por cento cando na maioría de países da nosa contorna oscilo o incremento entre o 25 por cento e o 60 por cento.

“Queren facernos crer que as subas do prezo da electricidade son como a meteoroloxía posibles de prever, pero imposibles de remediar. O Ministro de Enerxía e Axenda Dixital do PP Sr. Nadal sinalou que estes períodos de volatilidade van ser máis frecuentes, é dicir que son como un fenómeno da natureza do que só cabe refuxiarse e resignarse.

En Marea rexeita que Audasa suba as tarifas da AP-9 utilizando como desculpa a ampliación da Ponte de Rande que só é a vía de servicio máis cara do mundo

Para En Marea a inauguración das dúas vías laterias da ponte, pero desconectadas do corpo principal de circulación, “non reúnen as condicións de seguridade, de capacidade de tráfico, nin de experiencia na conducción que xustificarían que se chamase autopista”. Cal sinalou que eses dous novos carrís “non están conectados ao resto da autopista e polo tanto non se pode circular neles como se fosen parte dunha autopista”. “Non se pode adiantar, non ten comodidade de uso, nin ofrece unha circulación segura, tal e como están asegurando nestes primeiros días os usuarios”.

Temas: 

En Marea denuncia os “colapsos” de Urxencias e critica a falta de previsión da Xunta un ano máis

“A Xunta de Galicia segue facendo caso omiso ás advertencias que levamos feito dende hai moito tempo de que a situación das Urxencias deben preverse con tempo suficiente e a pesar de seren coñecedores de cando se incrementan os picos de asistencia durante todo o ano, a previsión segue totalmente ausente”, sinalou Solla, que lembrou que En Marea rexistrou preguntas e iniciativas encamiñadas a resolver esta situación , “ademais de dar este debate no Parlamento a semana pasada”.
 

En Marea ve unha “tomadura de pelo” e unha provocación o plan de traballo presentado pola Mesa da Comisión especial de Incendios, baseado exclusivamente na proposta do PP

“Unha comisión de estudo ten carácter técnico e debería estar aberta ás achegas de todas as forzas políticas”, lembrou o voceiro de En Marea Luís Villares tras coñecer que o Plan de Traballo presentado pola Mesa da Comisión especial de estudo para a prevención de incendios forestais só atende as propostas formuladas polo Grupo Parlamentario Popular.

Luís Villares critica as declaracións Feijóo e Puy encomiando os investimentos de Fomento en Galicia xa que nada teñen que ver coa realidade

“Que é o que hai que envexar de Feijóo, a súa comprobada irrelevancia política?” preguntou o voceiro de En Marea. “Non temos unha xoia de presidente, senón un miñaxoia que non é quen de lle plantar cara ao Ministro De la Serna e como consecuencia todo Galicia está a pagar o enfrontamento entre eles” asegurou.

Temas: 

En Marea esixe a apertura do servizo de Hemodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti durante as 24 horas

“Dende En Marea consideramos indignante o trato denigrante ao que someten Feijoo e o PP a poboación de Lugo”, cuestionou duramente Luís Villares, para quen “con esta decisión Feijóo traza en Lugo unha liña divisoria entre a vida e amorte en función de algo tan arbitrario como un horario de oficina”. Asegura que é unha decisión tomada en base a “razóns económicas e non médicas, condenando os dereitos básicos da cidadanía, concretamente un tan fundamental coma o dereito á vida”.
 

En Marea reclama solucions reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos

Desde En Marea non cren que se trate dunha situación coiuntural senón que é estructural, e deriva por un lado do empobrecemento de amplas capas da sociedade, debido aos efectos do desemprego, do incremento do emprego temporal, da inestabilidade, precariedade da xeralizaación dos salarios que non son suficientes para vivir, e por outra banda dunhas políticas de vivenda que priorizan o negocio dos grandes poseedores de vivenda sobre o dereito á vivenda.

Temas: 

Páginas

Suscribirse a En Marea