En Marea denuncia que a reapertura da mina Touro-O Pino suporía “unha ameaza para o ecosistema e a economía”
A viceportavoz de En Marea no Parlamento, Carmen Santos, e a deputada Paula Quinteiro, alertaron esta mañás das graves consecuencias que tería a reapertura da mina Touro-O Pino para o sector pesqueiro e para a protección do ecosistema. Santos lembrou que estamos a falar dun proxecto que afectaría a 689 hectáreas a ceo aberto e a previsión de extraer 267 millóns de toneladas.