La Tienda Republicana

En Marea

En Marea denuncia que os datos sobre vivenda protexida sitúen a Galicia no vagón de cola na defensa do dereito a unha vivenda digna

Os datos achegados polo INE sobre transmisións de dereitos de propiedade, nos que se recollen os datos acumulados do primeiro semestre de 2018, que reflicten a porcentaxe de transmisións correspondentes á vivenda protexida “deixan en evidencia os efectos altamente negativos da política da Administración Feijóo sobre a vivenda e singularmente sobre a vivenda de protección” como denunciou o viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez. Así, Galicia é a comunidade do Estado, agás as comunidades autónomas insulares, que presenta unha menor porcentaxe de vivenda protexida».
 
Temas: 

En Marea responsabiliza ao PP de que Galicia pague a factura da luz máis cara do Estado pese a ser unha comunidade excedentaria na produción de enerxía eléctrica

O grupo de En Marea apunta ao Partido Popular como responsable de que Galicia teña que afrontar o recibo da luz máis caro do Estado pese a ser unha comunidade excedentaria na produción de enerxía eléctrica, e tendo que asumir os costes sociais e medioambientais que iso supón. O incremento da factura débese entre outras cuestión á colaboración da Xunta aportando ao Estado a información necesaria para que se aplicase ese incremento. 
 

En Marea esixe a Xunta que exerza as súas competencias e decrete a apertura inmediata da pesca da Sardiña para o xeito

O grupo parlamentario de En Marea esixe a Xunta de Galicia que actúe e decrete a apertura inmediata da pesca da sardiña para o xeito xa que defenden que é Galicia e non o Estado quen ten estas competencias. Desde En Marea lembran que as competencias en augas interiores son de Galicia como recolle a constitución e o Estatuto de Galicia., nin do Estado nin da Unión Europea. 
 

En Marea presenta 38 emendas ao ditame elaborado polo PP da comisión dos lumes

O grupo de En Marea ben de presentar un total de 38 emendas con 112 puntos de adición ao ditame elaborado polo grupo do Partido Popular da comisión dos lumes celebrada no Parlamento de Galicia. A deputada Paula Quinteiro e o deputado Davide Rodríguez manifestaron a súa intención de que esta comisión non quede en simple propaganda do PP e poda servir para lograr modificar algunha das cuestións que están a provocar a grave situación que vive o noso país no relativo aos lumes. 
 
Temas: 

En Marea alerta sobre a sospeitosa rapidez con que se esgotaron as subvencións para mellora de infraestruturas e equipamentos a Concellos da Xunta

O venres 4 de maio o DOG publicaba as bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas á creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia para o ano 2018. Unhas axudas en réxime de concorrencia competitiva que, polo mesmo, se resolven de acordo á orde de rexistro das solicitudes presentadas e ata o esgotamento do credito dispoñible. É dicir: quen antes a pide, antes a leva. 
 

Páginas

Suscribirse a En Marea