La Tienda Republicana

En Marea

En Marea comprométese a reverter as privatizacións dos servizos de emerxencias e extinción de lumes impostas polo PP e redactar o Estatuto do Bombeiro demandado polos profesionais

O cabeza de lista ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, trasladou aos bombeiros o compromiso poñer fin a actual situación que están a padecer cando o Goberno do cambio se cristalice tras as eleccións do vindeiro 26 de xuño e que tamén nun servizo fundamental como son as emerxencias se converte en indispensable para acabar coa dramática situación actual.

En Marea reivindica un plan de reindustrialización para Galicia e políticas que recuperen os postos de traballo no sector

O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, desprazouse esta mañá ata a sede de ALCOA en San Cibrao, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa, na que tamén participaron os deputados de AGE do Parlamento GalegoRamón Vázquez e Antón Sánchez. "En Marea fai súas as demandas do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao porque a nosa razón de ser é facer nosas as demandas dos traballadores, máis de 1.400 ademais das 60 empresas auxiliares.

En Marea reivindica prezos xustos para o leite para manter vivo o rural e o emprego no sector primario

“Estamos ante unha crise gravísima do sector, é de sentido común que se o prezo de produción de leite está redor dos 30 céntimos é imposible manter un sector cando se lles está a pagar por debaixo desta cifra fai falla regulación e protección dos pequenos gandeiros. A Xunta nestes anos pediron aos gandeiros que fixeran os deberes e o fixeron, endebedáronse, investiron en tecnoloxía, remodelar explotacións pero a Xunta mentres tanto non fixo o seu.

Páginas

Suscribirse a En Marea