La Tienda Republicana

En Marea

En Marea pregúntalle á Xunta polos colapsos de verán no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Ademais, En Marea interesouse polos motivos polos non se realizaron labores de control e inspección previas que evitasen esta situación. “Gustaríanos saber que fixo o PP durante os últimos 8 anos para poñer dacordo os axentes implicados para protexer os parques naturais”, preguntou Cal. “Se esta é a conservación do que se supón que é o baluarte da Xunta en materia de medio ambiente, non queremos imaxinar como fará co resto de territorio a protexer no país”.
 

En Marea esixe á Xunta de Galicia que acabe co illamento ao que teñen sometido á veciñanza do Courel

Nas xuntanzas mantidas en Folgoso, Seoane co persoal sanitiario do centro de saúde o grupo puido comprobar a total desatención e falla de persoal dos centros de primaria, tanto persoal médico como enfermerías. Durante o verán a non substitución do persoal nas vacacións provocou desprazamentos a Monforte e Lugo para realización de servizos básicos como a realización de curas. Comprobouse tamén a carencia de servizos como ambulancia medicalizada está a supor unha grave carencia para á veciñanza.
 

En Marea critica o novo veto da Mesa do Congreso ao debate sobre a transferencia da AP9

A Mesa do Congreso ven de vetar unha vez máis o debate da iniciativa acordada por unanimidade no Parlamento de Galicia para instar á transferencia da AP9. Con esta decisión o Goberno estatal volta a desprezar ao Parlamento de Galicia con argumentos “mentireiros, falsos e manipuladores”.
 
Temas: 

Antón Sánchez: "O Goberno do PP aposta únicamente polo espolio coa nova lei de fomento empresarial"

Según indica, na nova norma que pretende impoñer o Partido Popular "introdúcense cambios transcendentais en sectores coma o mineiro, o eólico e o forestal", actividades que a nivel galego "producen e exportan materias primas baratas e deixan fortes impactos no país".

En Marea visita a zona afectada polo proxecto eólico Mouriños e denuncia o servilismo da Xunta a favor das eléctricas

Logo da visita, Antón Sánchez denunciou que a Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais presentada polo PP "é un compendio de medidas que buscan dar máis privilexios ás grandes empresas de determinados sectores estratéxicos, e minar as posibilidades da cidadanía para facerlles fronte reducindo á mínima expresión a participación pública e as garantías ambientais".

En Marea acusa ao PP de vender o país "a prezo de saldo" coa nova proposta de Lei de fomento de iniciativas empresariais

Sánchez denunciou que a proposta dos conservadores "non é outra cousa que a continuidade acelerada da política de Feijóo de vender o país a pedazos e prezo de saldo, entregando o noso territorio a cambio de nada ou o que é peor, da destrución da nosa paisaxe e o noso medio ambiente".

En Marea presentará en todos os concellos galegos unha moción para incorporar o Pazo de Meirás ao patromonio público

En Marea presentará en todos os concellos galegos unha moción para solicitar que o Pazo de Meirás se incorpore ao patrimonio público e para que se salvagarde a memoria histórica. Esta moción servirá de apoio á aprobada polo Concello de Sada a pasada semana na que se reclamaba a propiedade pública para o monumento e na que tamén se pedía que a xestión do mesmo fose responsabilidade dese concello.
 

En Marea oponse aos novos proxectos eólicos de Gas Natural Fenosa na Costa da Morte

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado da área de Industria, Francisco Casal, explicaron en rolda de prensa no Parlamento galego que, entre outras cousas os aeroxeneradores destes proxectos, que serían dos máis grandes de Galicia, "triplican as dimensións da Torre de Hércules" nun dos territorios "de maior valor paisaxístico da Península".
 

Páginas

Suscribirse a En Marea