La Tienda Republicana

En Marea

Villares recrimina a Feijóo que non reclame ao ministro de Fomento os 2.308 millóns de euros en obras para Galicia que quedaron sen executar nos últimos anos

As cifras da execución de Fomento desde o ano 2014, inicio recuperación económica segundo PP, onde se ve que “o grao de execución ten sido por veces notoriamente baixo ata o punto do ridículo”. Así temos no 2014 un 29,16 por cento de execución, 61,23 por cento en 2016, 40,40 por cento en 2016, e en 2017 segundo os datos que se teñen ata o momento a previsión é que se sitúe como máximo nun 40 por cento.

En Marea propón un Plan de transporte para Galicia que garanta mobilidade sostible, a intermodalidade e a calidade ambiental

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, sinalou que co plan de transporte “temos a oportunidade de comezar nun folio en branco e deseñar un modelo de mobilidade para o país, máis equilibrado, con máis dereito para a xente e menos negocio para as empresas”.
 

Manuel Lago: “AUDASA vai bater un récord mundial co incremento nas peaxes da AP9 catro veces nun só ano”

“É un escándalo: subir catro veces nun ano os prezos xa abusivos da AP-9. Escándalo, roubo, atraco a punta de peaxe. Pode elixir o nome que queira” denunciou Manuel Lago. Para En Marea “a estratexia de Audasa é inaceptable e só se pode entender desde a complicidade do bipartidismo rotatorio que gobernou este país”.

Temas: 

En Marea presenta una PNL para instar a la Xunta a cancelar la autorización del proyecto eólico Pena Forcada-Catasol II en la localidad coruñesa de Laxe

En Marea denuncia que la declaración del parque eólico Pena Forcada-Catasol II como de "interés especial" sucedido el pasado 21 de diciembre y su autorización inmediata al día siguiente obedece al estreno precipitado de la Ley 5/2017, de fomento de la implantación de iniciativas empresariales, lo que demuestra que la formación "estaba en lo cierto" al denunciar que "el objetivo real de esta norma es evitar trámites de garantía medioambiental y de transparencia pública a las grandes empresas que pretenden expoliar el país".

En Marea denuncia un novo caso de corrupción no Concello de Valga que afectaría directamente ao PP

O voceiro de En Marea comezou a súa explicación dos feitos que o secretario Juan Manuel Salguero del Valle está imputado na Operación Pokemon pola prórroga irregular e condicións de servizo a Aquagest no Concello da Pobra do Caramiñal durante a etapa de goberno do Partido Popular. Posteriormente estivo como secretario de Conde Roa para repetir a operación no concello de Santiago, que foi abortada cando estallou a operación Pokemon.
 

Aprobada a iniciativa de En Marea para que a Xunta apoie os concellos polos que pasa a AP-9 na accións que leven a cabo para reclamar o cobro do 100% do IBI a Audasa

Logo dunha tranasación co PpdeG, a Comisión de Infraestruturas parlamentaria tamén lle deu luz verde á petición ao Ministerio de Fomento a que leve a cabo as modificacións lexislativas oportunas que permitan poñer fin a máis de 40 anos de exención do IBI a Audasa, en virtude dunha concesión administrativa franquista. O deputado Marcos Cal trasladou a proposta defendida polos concellos, que consideran “unha inxustiza que continúe aplicándose o nivel máximo de redución permitido pola lexislación nunha construción que está máis que amortizada e xera beneficios millonarios cada ano.”

Temas: 

En Marea denuncia a ocultación de información pública relativa aos contratos cunha multinacional por parte do SERGAS

Desde En Marea entenden que esta introdución das empresas de xeito escuro é un paso máis no intento de consecución desas áreas de xestión clínica mal logradas que intentan agora acadar pola vía dos feitos como denunciou Eva Solla.

En Marea presenta 14 medidas para acabar coa estafa masiva no recibo da luz en España

Entre 2005 e 2016 o prezo da electricidade para o consumidor doméstico en España incrementouse nun 100 por cento cando na maioría de países da nosa contorna oscilo o incremento entre o 25 por cento e o 60 por cento.

“Queren facernos crer que as subas do prezo da electricidade son como a meteoroloxía posibles de prever, pero imposibles de remediar. O Ministro de Enerxía e Axenda Dixital do PP Sr. Nadal sinalou que estes períodos de volatilidade van ser máis frecuentes, é dicir que son como un fenómeno da natureza do que só cabe refuxiarse e resignarse.

Páginas

Suscribirse a En Marea