La Tienda Republicana

En Marea

Luís Villares: "O verdadeiro programa do PP ven con suplemento, o Código Penal“

Referiuse as declaracións do candidato do PP e presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, a tres días das eleccións autonómicas nun programa de radio estatal que a súa amizade co narcotraficante Marcial Dorado foi un erro do que se arrepinte. “Grazas por arrepentirte estaría ben que agora pediras perdón pola vítimas do narcotráfico. Non sabía nada como tampouco sabe nada de Baltar. Como vai confiar o país nun candidato que está a mentir todo o dia“ afirmou.

En Marea presenta en Santiago o seu programa económico para Galicia

En Marea presentou esta semana as súas propostas económicas escollendo o polígono industrial de Costa Vella en Santiago de Compostela como marco para esta presentación. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, salientou o compromiso de En Marea por acabar co abandono do mercado por parte do goberno de Núñez Feijóo que “impuxo unha economía de casino especulativo que non se preocupou das empresas, da economía, do emprego, nin do país“.

En Marea denuncia a intención do PP de aprobar “pola porta de atrás“ un borrador de Real Decreto para roubar a riqueza produtiva das rías en favor das multinacionais e a minaría

Neste sentido, Luís Villares denunciou a redacción por parte do goberno en funcións do Estado dun borrador de Real Decreto que queren colar pola porta de atrás e contra o que a xente do sector está radicalmente en contra. “Unha norma que quere aprobar Rajoy e que leva a mesma senda que Feijóo de lexislar contra o sector e contra a xente para lle roubar a súa riqueza produtiva a favor das multinacionais e a favor da minaría, outro dos sectores incluídos neste Real Decreto.

Temas: 

Luís Villares: “Quedan catro días do goberno de Feijóo contra a xente"

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, salientou a xustiza social e a solidariedade que da base ao proxecto de En Marea e que representaron en tres vasos de auga, un baleiro outro medio cheo e outro cheo. “En Marea repartirá para quen teña menos poda ter un pouco máis e garantir que todos teñan as mesmas oportunidades“ comprometeuse Villares que arremeteu tamén contra a estabilidade que quere o PP, “unha estabilidade para seguir roubando para seguir destruído o noso país“.

Temas: 

En Marea recuperará o Plan de atención a saúde mental abandonado polo goberno de Núñez Feijóo desde 2009

“Queremos lembrar que algún día tivemos o mellor sistema sanitario público do mundo, un patrimonio valiosísimo que sería obsceno deixar esmorecer. Queremos recuperar unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade coas persoas no centro da atención“ explicaron. Así mesmo, En Marea reintegrará ao común un patrimonio colectivo que foi desprestixiado, deturpado e entregado a mans amigas do poder enlamadas coa virtude de facer da carencia colectiva un negocio.

En Marea denuncia a Alberto Núñez Feijóo ante a Xunta Electoral Central

O acto foi anunciado por medios de comunicación e nel se anunciaba un proxecto e a súa correspondente inversión na última semana da campaña electoral na que concorre o candidato do PP. En Marea entende que ese acto e a difusión que del fixo o Partido Popular vulnera o previsto no art. 50.2 da actual Lei Electoral ao tratarse dun acto cun marcado acto político que ten unha clara intencionalidade electoral.
 

En Marea denuncia que o Goberno en funcións pretende abrirlle ás portas á acuicultura industrial

En Marea vén de solicitar a comparecencia urxente da Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que explique por que razón un Goberno en funcións está a tramitar o borrador de Real Decreto para a Ordenación do Espazo Marítimo, unha norma que tería un impacto moi negativo no sector pesqueiro e marisqueiro, no ecosistema mariño das rías galegas e que ademáis vulnera competencias autonómicas claras sobre augas interiores, marisqueo e acuicultura.
 

Íñigo Errejón desembarca en Pontevedra con En Marea

Unha ateigada praza da Peregrina acolleu o encontro coa cidadanía de En Marea hoxe pola mañá en Pontevedra. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, destacou a presenza do deputado de Podemos, Íñigo Errejón, no encontro de Pontevedra porque “aínda que falemos linguas distintas defendemos o mesmo, presumimos de Íñigo como onte presumimos de ter con nós a Ada Colau e esta semana teremos a moitos máis apoiando este proxecto baseado na unidade na defensa da xente. Outros pasean en iate ou suben a escenarios con acosadores como Baltar“.
 

Temas: 

En Marea conseguiría segunda posición en Galicia y Elkarrekin Podemos empata con EH Bildu

Las elecciones autonómicas que se van a celebrar en Euskadi y en Galicia el próximo fin de semana van a tener una importancia capital en el devenir de la actualidad política en el conjunto del Estado. Si el PSOE intentará formar un gobierno o se abstendrá permitiendo el gobierno de Rajoy lo decidirán las urnas en esos dos territorios del norte.

Páginas

Suscribirse a En Marea