La Tienda Republicana

En Marea

En Marea denuncia que o PP está a deixar un país invertebrado e incomunicado a nivel ferroviario

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, reuniuse esta semana con respresentantes sindicais do sector ferroviario de Galicia para coñecer as súas demandas e saber como está a situación do ferrocarril na nosa comunidade e que pasa principalmente pola modernización das liñas convencionais de ferrocarril en Galicia.

Yolanda Díaz destacou a importancia da rede de ferrocarril, xa que como mesmo salientou ao remate da xuntanza, “estamos a falar dun elemento de centralidade democrática e de cohesión social e económica de Galicia”.

En Marea priorizará no Parlamento galego a loita contra a pobreza, a corrupción e a defensa do emprego

Os deputados e deputadas de En Marea da X Lexislatura acudiron esta mañá ao Rexistro do Parlamento Galego para entregar as credenciais e recoller as actas de parlamentarios. Trala presentación, o portavoz de En Marea espuxo cales van ser as liñas prioritarias do grupo parlamentario durante os primeiros meses. “Estarán encamiñadas a buscar o crecemento económico vinculado ó benestar social, á loita contra a probreza e a exclusión social e en terceiro lugar a loita contra a corrupción”, sinalou Luís Villares.

Temas: 

En Marea reclamará un Plan Estratéxico de Saúde Mental que recoñeza os dereitos sanitarios das persoas afectadas

Villares dixo que “con esta xuntanza estamos dando continuidade a un traballo que xa iniciamos durante a campaña, que consiste en atender as demandas da sociedade civil escoitando os colectivos que o integran. Nese senso hoxe adquirimos unha serie de compromisos urxentes que trasladaremos á Cámara galega, entre eles o cumprimento dos dereitos fundamentais das persoas con doenzas mentais e que estes se integren na Consellería de Sanidade”.

Antón Sánchez critica o completo fracaso da Xunta de Galicia en materia de xestión de residuos

Sánchez fixo este anuncio en Lousame (A Coruña) logo dunha xuntanza coa Plataforma contra o vertedoiro de residuos industriais, proxecto que prevende desenvolverse sobre unha superficie de 20 hectáreas de solo rústico de protección forestal e que ten previsto que ata o 81% do refugallo sexa enterrado sen ningún tipo de tratamento previo, o que podería afectar a varios acuíferos para uso humano e gandeiro.

En Marea fai un chamamento á cidadanía a participar esta tarde na mobilización en apoio aos traballadoras e traballadores de Extel para evitar 205 despedimentos

Desde En Marea consideran inxusto e inxustificado o ERE presentado pola empresa coa que pretende acabar con 205 postos de traballo no centro da Coruña alegando unha baixada de chamadas que nada ten que ver coa realidade. Por este motivo, En Marea instou á empresa a reconsiderar a decisión e esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie neste conflito laboral de xeito inmediato.
 

En Marea pide explicacións no Congreso dos Deputados pola omisión de documentos do accidente ferroviario de Angrois

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, solicitou onte a comparecencia do Ministro de Fomento, Rafael Catalá, e do Presidente de Adif, para que expliquen en sede parlamentar as razón de ter “omitido por erro” durante tres anos a entrega ao Xulgado do caso Alvia de documentación relativa ás análises de risco da liña de alta velocidade Ourense-Santiago requeridos ao inicio da instrucción.
 

Temas: 

Antón Sánchez: “Non se pode consentir que máis do 50% dos despedimentos de EXTEL a nivel estatal sexan en Galicia”

“Estamos apoiando ao sector dos teleoperadores, o que mellor simboliza o modelo de precariedade, de recorte dos dereitos laborais e de represión sobre os traballadores que se mobilizan defendendo os seus dereitos”, denunciou o deputado electo de En Marea Antón Sánchez, que engadiu que “non se pode consentir que máis da metade dos despedimentos de EXTEL sexan en Galicia”, pois o 58% das baixas que a empresa plantexa para o conxunto do Estado son do plantel da Coruña.

Luís Villares valora o resultado electoral de En Marea

Entre os condicionantes que motivaron aos resultados por debaixo das expectativas marcadas por En Marea, Luís Villares salientou a falla de tempo o que condicionou moito a capacidade de chegar coa nosa mensaxe á cidadanía pero “ábrese un tempo novo no que trasladaremos o noso proxecto para a sociedade e esperamos de aquí en adiante ter o respaldo da maioría social“.
 

En Marea supera ao PSOE en número de votos na Galiza

Na sede de Vigo a candidata por Pontevedra de En Marea Carmen Santos valorou positivamente a participación nas eleccións do 25 de setembro, agradecendo o traballo de toda a xente que fixo posible unha campaña que na nosa terra era a terceira en menos dun ano. Xunto a ela o número 4 da lista por Pontevedra, Juan J. Merlo lamentou que o sorpasso non sirva para sumar escanos suficientes para formar Goberno.

En Marea comprométese a cumprir as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza sobre Reganosa e repoñer a legalidade vulnerada

En Marea considera que “legalmente non hai respaldo a través dos instrumentos de ordenación existentes á situación de Reganosa neste emprazamento” e que, ou ben Reganosa debería formular nova solicitude de autorización “que haberá de ser examinada atendendo aos datos concorrentes e ao réxime xurídico existente no momento da súa presentación”, ou hai que proceder ao seu desmantelamento.

Páginas

Suscribirse a En Marea