La Tienda Republicana

CxG

Compromiso por Galicia leva ao Parlamento Galego a petición para que a xunta merque a casa de Castelao en Rianxo

Para os galeguistas de CxG compre preservar o patrimonio de todo aquelo que teña relación coa figura de Castelao, non só a preservación senón que é importante a posta en valor para coñecemento de todos e todas as galegas e galegos. A casa de Rianxo onde Castelao pasou parte da súa vida ten un valor histórico e de identidade incalculable que fai preciso que sexa patrimonio da totalidade de Galicia.
 

Compromiso por Galicia denuncia o abandono do Goberno de Feijóo ao colectivo da terceira idade

Segundo sinanan, "por desgraza para a nosa sociedade cada semana temos titulares de prensa que sinalan que maiores morren en soidade no seu domicilio, incluso pasando moitos días sen seren descubertos, diante de esta realidade o Presidente Feijoo non fai nada, nin sequera a nomea".
 

Compromiso por Galicia denuncia que o PPdG segue a usar a súa acción de goberno para xestionar a dedo contratos millonarios

"Este tipo de prácticas políticas demostran que o PP ningunea ao Parlamento e aos mecanismos de control para usar Galicia como a súa propiedade, caendo na baixeza política e non respectando as regras de xogo e oportunidades dos galegos" -apuntou o Secretario Xeral galeguista Piñeiro Docampo-.

Suscribirse a CxG