Antón Sánchez

Antón Sánchez denuncia a “nefasta xestión” dos fondos europeos por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo

O informe do Consello de Contas a respecto da execución dos fondos europeos deixa ver, a dicir do viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Antón Sánchez, “a nefasta xestión” dos Gobernos de Alberto Núñez Feijóo. Se as axudas comunitarias marcaban como obxectivo que a converxencia de Galiza coa media europea pasase do 89% -en 2009- ao 95%, o certo é que baixou e atópase no 80%. “As cifras reflicten a deficiente xestión do PP”, insistiu Sánchez, nunha comparecencia de prensa esta mañá no Parlamento galego.

AGE insta ao Parlamento galego a posicionarse contra o TTIP

Sanchez denunciou na presentación o 13 de xullo dunha Proposición Non de Lei (PNL) para rexeitar o acordo que unha das consecuencias do TTIP sería "a perda de soberanía dos diferentes parlamentos europeos" e "unha maior subordinación respecto dos lobbies e as empresas privadas". Sen embargo -engadiu o deputado "o que precisa esta Europa é máis democracia e máis soberanía" e por iso, "opoñerse ao TTIP é defender á democracia". 
 

O Goberno en funcións do PP permite a autorización de Reganosa pasando por riba da lexislación vixente

Según denuncia AGE nun comunicado, o Presidente do Goberno en funcións colabora coas grandes empresas para que esquiven a lexislación vixente. “Con celeridade e eficacia que non amosa para outras cuestións, o Executivo do PP publica hoxe a autorización admninistrativa e a aprobación do proxecto de execución de Reganosa, en Mugardos”, denuncia o viceportavoz de AGE. 
 

Alternativa Galega de Esquerda denuncia que os tratados de libre comercio coma o CETA son prexudiciais para os intereses galegos

Para Sánchez, que compareceu en rolda de prensa na sede parlamentaria de AGE xunto con Lidia Senra, o CETA é a última mostra "da opacidade, ausencia de debate e de información á cidadanía" coa que se conducen as institucións comunitarias, cun "baleirado antidemocrático da soberanía dos pobos e dos Estados", sendo un dos principales eixos da política neoliberal que se está a desenvolver dende a UE.

O Deputado Antón Sánchez acusa ao Presidente da Xunta de "abuso de poder" contra os médicos da sanidade pública que denunciaron recortes

AGE denuncia que "a escasa catadura moral de Alberto Núñez Feijóo quedou unha vez máis de manifesto "nos seus ataques contra o sistema sanitario público galego.  “Vostede ataca a traballadores públicos desde a súa posición poderosa, abusa da súa posición de poder para ameazar a médicos que cumprían co seu labor ético profesional e mesmo legal. Faino coa actitude propia dun matón”, expuxo o deputado Antón Sánchez na sesión de control ao presidente no pleno do Parlamento galego.
 

AGE acusa ao Presidente da Xunta de falta de escrúpulos e preguntaralle no pleno polas súas descalificacións á sanidade pública galega

Alternativa Galega de Esquerda levará ao pleno parlamentario da vindeira semana "as indecentes declaracións" de Alberto Núñez Feijóo ao respecto dos médicos do sistema sanitario público galego, aos que acusou de verter "insidias" e "calumnias" no que respecta aos doentes de hepatite C mortos por carecer do tratamento axeitado no Sergas.

Páginas

Suscribirse a Antón Sánchez