Redacción •  Galicia •  07/07/2020

Antón Gómez Reino conversa esta noite en aberto coa Ministra de Traballo

  • A Ministra de Traballo e o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta respostarán en directo ás preguntas e inquedanzas.
  • O encontro, dentro do ciclo #FalaConAntón emítese en directo na canle de YouTube e nas redes sociais do candidato.
Antón Gómez Reino conversa esta noite en aberto coa Ministra de Traballo

A Coruña, 7 de xullo.-O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, e a Ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, manterán esta noite un encontro nas redes retransmitido por streaming e aberto sen filtros á participación de todas aquelas persoas que lles queiran achegar en directo as súas preguntas, inquedanzas e reflexións.

Esta conversa nas redes forma parte do ciclo Conversas con Antón, con #FalaConAntón, que iniciara o expresidente de Bolivia, Evo Morales, e no que tomará parte, este mércores 8, tamén a presentadora galega Paula Vázquez, comprometida coas cuestións do país.

A idea desta iniciativa e desencorsetar a campaña electoral, e achegar a política ao vivo as galegas e aos galegos, que vivan onde vivan, poidan trasladar as súas propostas e consideracións ou mesmo as discrepancias, directamente ao candidato para coñecer, de primeira man, a súa opinión e ter unha resposta concreta.

Na noite deste luns, e desde a súa casa da Coruña, Gómez Reino mantiña un encontro que se alongaba algo mais dunha hora con todas as persoas que se quixeron conectar en directo para seguir a conversa na que se misturaron as cuestións persoais, como a admiración pola música de Ennio Morricone e a paixón pola montaña e a auga, tanto nos ríos como no Atlántico, de aí os chapuzóns do candidato buscando un pequeno refresco nas infinitas e quilométricas xornadas de campaña por todo o país.

Tamén houbo tempo para as reflexións sobre a actualidade política máis urxente ante a cita do 12X e outras cuestións de fondo sobre a necesidade de apostar claramente pola investigación galega, co compromiso de elevar o investimento anual en Galicia até “o que equivale a 17 quiómetros de autoestrada”.

Abordouse, a preguntas das e dos participantes, a necesidade de reforzar as relacións e aproveitar a simbiose entre Galicia e o Norte de Portugal, apostar decididamente por medios de transporte públicos e alternativos ao coche particular, a situación da mocidade nun exilio cuasi forzoso e a proposta de decálogo “aos compañeiros e compañeiras do BNG e do PSdeG” para “rematar con este decenio en branco e negro na corrupción, estafas e recortes de Feijoo” e abrir ás portas “da Galicia que ven”.

Esta noite estaremos, de novo, en directo ás 22:00 horas, moi agradecidos pola boísima acollida da nosa proposta. Para participar, basta con seguir o encontro dixital en directo a través da nosa canle de YouTube Galicia en Común-Anova Mareas ou na páxina do candidato e nas súas redes sociais.


Antón Gómez-Reino /  Galicia en Común-Anova Mareas /  Yolanda Díaz /