La Tienda Republicana

Anova

En Marea pide a paralización cautelar das obras que se están a levar a cabo nunha das serras senlleiras do mazizo do Courel

Sánchez, tamén portavoz nacional de Anova, vén de rexistrar na Cámara galega diversas iniciativas encamiñadas a solicitar a paralización cautelar dos traballos que se están a desenvolver na Serra do Oribio "pois todo apunta a que se trata do proxecto dun parque eólico da empresa Fergo Galicia Vento S.L.
 

En Marea apunta a Feijóo como responsable último das desfeitas provocadas pola falta de control sobre a actividade mineira en Galicia

Nunha rolda de prensa celebrada esta semana no Parlamento de Galicia, o vicevoceiro de en Marea e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez recordou que o Defensor del Pueblo no seu último informe "o que nos mostra son décadas de barra libre para as empresas mineiras e graves incumprimentos da Xunta de Galicia na súa labor de control e inspección da actividade mineira" das que Tahoces é a cara visible.

Antón Sánchez: "A Lei de Depredación non se fixo para evitar a deslocalización, senón para facilitarlle as cousas ás empresas eléctricas e mineiras dun xeito antidemocrático"

No Pleno celebrado o martes 7 de maio no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez espuxo na súa intervención que la Lei 5/2017 vendeuse por parte do PP "como a panacea contra a deslocalización de empresas e a fixación de capital estranxeiro en Galicia", pero que en realidade os datos indican o fracaso da norma, pois Galicia captou no primeiro semestre do ano 32,6 millóns de euros, un 33% menos do que xa captara no mesmo período do ano anterior, nun ano no que o Estado español foi record no incremento de captación de inversión estranxeira.

Antón Sánchez califica de "modelo de expolio" o plantexamento do sector eólico promovido polo Partido Popular de Galicia

Deste xeito, nun sector cunha facturación que supera os 600 millóns de euros, máis do 85% do capital investido é estranxeiro, de mans das grandes eléctricas, bancos e fondos voitre.

"En cambio para o noso país só quedan as migallas" -denuncia Sánchez-, pois o único que busca o Goberno galego do PP coa chamada "Lei de Depredación" é "acelerar o espolio da riqueza de Galicia aínda que sexa a costa do impacto paisaxístico e ambiental".

Antón Sánchez: "O Goberno do PP aposta únicamente polo espolio coa nova lei de fomento empresarial"

Según indica, na nova norma que pretende impoñer o Partido Popular "introdúcense cambios transcendentais en sectores coma o mineiro, o eólico e o forestal", actividades que a nivel galego "producen e exportan materias primas baratas e deixan fortes impactos no país".

Alberto Garzón pide a Podemos no "obcecarse" con la forma jurídica de En Marea

Las bases de Podemos se expresaron claramente hace tan solo unos días. Con un 75% de votos a favor de integrarse en En Marea para concurrir a las cercanas elecciones autonómicas gallegas en compañía de otras fuerzas como EU (la federación gallega de Izquierda Unida), ANOVA, EQUO y Espazo Ecosocialista. Sin embargo la dirección gallega de la fuerza morada ha puesto unos requisitos que no han gustado a En Marea.

Suscribirse a Anova