La Tienda Republicana

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda denuncia que os tratados de libre comercio coma o CETA son prexudiciais para os intereses galegos

Para Sánchez, que compareceu en rolda de prensa na sede parlamentaria de AGE xunto con Lidia Senra, o CETA é a última mostra "da opacidade, ausencia de debate e de información á cidadanía" coa que se conducen as institucións comunitarias, cun "baleirado antidemocrático da soberanía dos pobos e dos Estados", sendo un dos principales eixos da política neoliberal que se está a desenvolver dende a UE.

AGE celebra que a xustiza norueguesa acepte a demanda dos mariñeiros galegos malia os atrancos dos gobernos

Alternativa Galega de Esquerda celebra que os tribunais de xustiza de Noruega veñan de aceptar a demanda dos mariñeiros galegos xubilados, agrupados na asociación Long Hope, que reclaman do Estado noruegués o recoñecemento dos anos que alí traballaron. “Malia os atrancos do Goberno noruegués e á falta de apoio da Xunta de Feijóo", afirma o deputado Juan Fajarado, “a loita dos compañeiros conseguiu a primeira vitoria nunha longa guerra polos seus dereitos”. O Goberno galego nin sequera axudou á fianza que Long Hope debeu depositar no tribunal galego.
 

Críticas de la oposición y colectivos sociales al PP por la situación que atraviesa el Dolmen de Dombate

Ron, que también es miembro de la Dirección de Esquerda Unida, apostó durante su intervención por que la titularidad y gestión del monumento sea pública y esté orientada a la preservación del monumento ante la evidencia de que los convenios que actualmente mantiene la Diputación Provincial de A Coruña con el Ayuntamiento de Cabana de Bergantiños "no son los más apropiados".

Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a Xunta segue adiante co desmantelamento do CGAI

A Xunta reactiva o desmantelamento do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), denuncia o deputado de Alternativa Galega de Esquerda Xabier Ron. E faino, engade, ao convocar para mañá, sete de xullo, unha comisión de persoal. “A Xunta de Feijóo pretende reducir máis do 40% do persoal da institución, logo de eliminar o posto de bibliotecaria e o servizo de préstamo do seu fondo audiovisual”, explica.

AGE denuncia que o PP négase a actuar para que se cumpra o acordo lácteo

Para AGE, o PP continúa a contemplar sen facer nada a destrución do sector lácteo. Esta semana, no pleno do Parlamento galego, volveu rexeitar unha moción de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) para que a Xunta demande do Goberno central accións para que se cumpra o acordo asinado en setembro. “O PP leva gobernados 28 anos en democracia e non foi quen de lle dar un futuro ao noso rural”, denunciou o viceportavoz de AGE Antón Sánchez no pleno do Parlamento.

O PP impide que estudantes universitarios deixen de pagar en Galicia por un servizo que non reciben

Nin sequera un problema concreto, que o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Ramón Vázquez definiu como “que aos alumnos e ás alumnas universitarios non se lles cobre por un servizo que non reciben”, serviu para que o Partido Popular mudase a súa política de destrución do ensino público e promoción da desigualdade social. “Vostedes non se preocupan dos problemas da xente”, afeoulle Vázquez aos deputados da dereita, “vostedes só se preocupan dos votos e de se manter na ‘poltrona”.
 

O Deputado Antón Sánchez acusa ao Presidente da Xunta de "abuso de poder" contra os médicos da sanidade pública que denunciaron recortes

AGE denuncia que "a escasa catadura moral de Alberto Núñez Feijóo quedou unha vez máis de manifesto "nos seus ataques contra o sistema sanitario público galego.  “Vostede ataca a traballadores públicos desde a súa posición poderosa, abusa da súa posición de poder para ameazar a médicos que cumprían co seu labor ético profesional e mesmo legal. Faino coa actitude propia dun matón”, expuxo o deputado Antón Sánchez na sesión de control ao presidente no pleno do Parlamento galego.
 

Xabier Ron critica o baleiro creado polo PP con respecto ás políticas públicas culturais e a xestión "totalmente neglixente" dos parques arqueolóxicos

Na súa intervención, Xabier Ron centrouse na situación actual provocada polo Partido Popular. "Asistimos a un auténtico baleiro no tocante a políticas públicas culturais sometida ás leis do mercado, o que fai que á cidadanía quede afastada, relegada no dereito ao acceso da cultura" -afirmou-.

Alternativa Galega de Esquerda impulsa un acordo parlamentario contra os paraísos fiscais

O Grupo Parlamentario de AGE acadou o seu obxectivo na Comisión de Facenda do 23 de xuño, na que todos os grupos parlamentarios votaron a prol da iniciativa que buscaba contenar a existencia dos paraísos fiscais, "que fan parte das estruturas económicas que producen desigualdade no mundo".
 

AGE acusa ao Presidente da Xunta de falta de escrúpulos e preguntaralle no pleno polas súas descalificacións á sanidade pública galega

Alternativa Galega de Esquerda levará ao pleno parlamentario da vindeira semana "as indecentes declaracións" de Alberto Núñez Feijóo ao respecto dos médicos do sistema sanitario público galego, aos que acusou de verter "insidias" e "calumnias" no que respecta aos doentes de hepatite C mortos por carecer do tratamento axeitado no Sergas.

Páginas

Suscribirse a Alternativa Galega de Esquerda