André Abeledo Fernández •  Opinión •  30/08/2021

Galiza é unha nazón excedentaria en enerxía «limpa». Xa basta de tratar a Galiza como unha colonia a quen depredar.

A evidente intención de convertir a Galiza nun xigantesco parque eólico non se xustifica con cubrir as súas necesidades, tampouco cun proxecto de futuro para o pobo galego.
Os mega proxectos eolicos xustifican a súa existencia pola decisión política de convertir a Galiza nunha productora de enerxía para cubrir as necesidades da metrópole e das multinacionais.
Galiza xa cumpriu sobradamente, máis da conta, con a súa contribución a xeración deste tipo de enerxía «barata».
A decisión de hipotecar o noso futuro, de vender o noso presente, de arruinar o noso rural, o noso ecosistema, as nosas paisaxes, é unha decisión tomada sen ter en conta os intereses do pobo galego.
Galiza esta a ser condenada a convertirse nun inmenso parque eólico, nun deserto demográfico. É sentenza de morte para o rural galego.
No se aposta por recuperar o rural, nin por afincar poboación nas nosas parroquias, nin pola soberanía alimentaria através do noso agro e a nosa gandería, tampouco por preservar as nosas paisaxes e fomentar un turismo de calidade.
Non apostan por Galiza, apostan unha vez máis pola depredación da Galiza.
Queren facer da Galiza o patio traseiro dos mega proxectos eolicos.
Galiza esta a ser tratada como unha colonia onde todo está ó servizo da metrópole, ó servizo das multinacionais do Estado español e tamén de Europa.
Con a escusa da enerxía verde van deixar sen futuro a nosa terra, ós nosos fillos, a nosa xente.
O chaman progreso pero é depredación dos nosos recursos, da nosa paisaxe, do noso ecosistema, e tamén a sentenza de morte para o noso rural.
Onde están os patriotas que dicían que defenderian ós nosos dereitos e os nosos intereses en Madri?, non os vexo defendendo o noso dereito a ter un futuro na nosa terra.
Onde está a unidade de loita contra os mega proxectos eolicos que ameazan todo o que somos e o que queremos ser?.
Vexo a xente defender cada un a súa leiriña sen entender que a leira que temos que defender é de todos e chámase Galiza.
A lei de «depredación» da Galiza posta en marcha polo PP na Xunta de Galicia vai a toda máquina e pon ó servizo das multinacionais todo, sen importar nada.
Agora é o goberno central quen tenta levar adiante a depredación da Galiza, unha terra castigada nas mans de lobos con pel de ovella.

Opinión /