André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/02/2022

Fraga, Feijóo, Ayuso, Casero, Rajoy, Aznar, Teodoro ou Carromero, da igual de quen falemos, e de en que tempo ou lugar nos atopemos.

Ayuso admite que o seu irmá cobrou da empresa a que o seu Goberno adxudicou un contrato a dedo de 1,5 millóns e quédase tan ancha.
Na súa fuxida cara adiante acusa a Casado de perseguila dun «xeito cruel» por querer presentarse a dirixir o PP rexional. PP (Partido Podrido).
Agora enténdese os guiños de Ayuso a VOX dos últimos días, si se ten que ir xa ten casa, en VOX estaría na súa salsa.
O PP é un partido corrupto, por eso nada sorprende, nin que se apuñalen entre eles. Ayuso e Casado forman parte  dese partido, o teñen mamado, sonche o mesmo.
Tanto monta, monta tanto, Isabel como Casado.
¿Lembrades cando a Carromero o expulsaron de Cuba?, ese mesmo Carromero que hoxe acusan de espionaxe e corrupción dentro do PP, ese Carromero que nos quixeron vender entón como un adalid da democracia.
Carromero foi xulgado en Cuba, condenado e encarcelado por homicidio (por un accidente de tráfico, por conducir a 110 en un tramo de carreteira sin asfaltar con límite de 30).
O gobierno de Rajoy, pediu a súa su extradición para que cumprira a pena en España, coa intervención de Esperanza Aguirre incluida a través do médico madrileño que tiña operado a Fidel (poñendo ao pobre médico nun compromiso).
Carromero chega a España para cumprir a pena nunha cárcere española, e aos dous días, pasándose polo forro tódolos convenios internacionais, o poñen na rúa.
Fraga, Feijóo, Ayuso, Casero, Rajoy, Aznar, Teodoro ou Carromero, dá igual de quen falemos, e de en que tempo ou lugar nos atopemos, o problema é moito máis profundo, non son as persoas, todo o aparato está apodrecido.
O tempo porá a cada quen no seu lugar a nivel  ético e moral, outra cousa será a nivel xudicial, porque seguen tendo barra libre.

Opinión /