Esquerda Unida chama á cidadanía galega a participar na manifestación de SOS Sanidade este domingo en Compostela
- Esquerda Unida fai un chamamento á participación na mobilización convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública o vindeiro domingo 1 de febreiro.

Esquerda Unida considera que ante a clara intención do Partido Popular de deteriorar a sanidade pública para acabar privatizándoa é necesaria a firme resposta por parte da cidadanía. “A Sanidade Pública é un elemento imprescindible do benestar social que a clase traballadora non se pode permitir perder – afirma Lino Costas, Coordinador nacional de Esquerda Unida -. Cada paso atrás que deamos na calidade da Sanidade Pública será aínda máis difícil de recuperar. Por iso – prosigue -, é necesario manter a mobilización social”.
Lino Costas lembra que “mentres a Sanidade Pública está a sufrir recortes e falta de persoal, a Xunta de Galicia adica ano tras ano máis recursos á sanidade privada”. Este ano 261, 7 millóns de euros irán a parar a incrementar o negocio privado, unha suba do 27% dende o ano 2020. “O PP ten moi claro que unha privatización da sanidade executada de golpe contaría cunha fortísima contestación social, por iso a vai facendo pouco a pouco pero con constancia” matiza o coordinador. Deste xeito, “agardan que a cidadanía espere pasivamente o deterioro deste servizo fundamental. Por iso dende Esquerda Unida chamamos á cidadanía a mobilizarse masivamente en defensa da Sanidade Pública. Se non paramos ao PP chegará un momento que non quede nada que salvar” conclúe Costas.
