A Plataforma Lugo por Palestina súmase ao chamamento da cacerolada internacional para denunciar a crise humanitaria e esixir o desbloqueo inmediato de axuda a Gaza
Segundo informes recentes da ONU, máis de 1.000 persoas foron asasinadas desde maio ao intentar acceder a alimentos nas escasas entregas dispoñibles, describíndose a situación como “unha cacería masiva” por parte de francotiradores israelís contra civís que acoden por comida. Outras, non podendo acceder a alimento de calidade, morren de inanición.

A situación en Gaza alcanzou niveis de emerxencia humanitaria extrema. Desde o 2 de marzo, o bloqueo israelí restrinxe drasticamente a entrada de comida, auga e medicinas á Fraga de Gaza, segundo alertan fontes oficiais como UNRWA. Mesmo, máis de 244.000 persoas viven actualmente na fase 5 de inseguridade alimentaria—a clasificación máis grave da escala IPC—enfrontando unhas ameazas reais á supervivencia individual.
Ata máis do 75 % das terras agrícolas foron destruídas ou danadas, e o acceso a auga potable sufriu unha caída dramática de máis do 94 % do suministro previo ao xenocidio. Como resultado, a maioría da poboación depende integramente da axuda internacional, algo practicamente imposíbel de acceder pola bloqueos e violencia nos puntos de reparto por parte do estado de Israel.
Nos últimos 80 días, a UNRWA documentou 111 mortes por inanición, maioritariamente de crianzas. Ademais, a organización informou de que un de cada dez nenos menores de 5 anos examinados nas súas clínicas presenta desnutrición, e en xuño diagnosticáronse máis de 5.800 novos casos, dos cales máis de mil eran de desnutrición severa.
Segundo informes recentes da ONU, máis de 1.000 persoas foron asasinadas desde maio ao intentar acceder a alimentos nas escasas entregas dispoñibles, describíndose a situación como “unha cacería masiva” por parte de francotiradores israelís contra civís que acoden por comida. Outras, non podendo acceder a alimento de calidade, morren de inanición.
A cineasta palestina Bisan Owda convocou unha cacerolada internacional como forma simbólica de protesta. Neste contexto adquire un simbolismo poderoso esa imaxe das cacerolas: o seu son representa tanto o rogo por alimento como a denuncia global dun bloqueo mortal.
Esta protesta replicouse en múltiples cidades ao redor do mundo. Exemplo diso son mobilizacións en Ibiza, en Madrid diante de sedes da Unión Europea, e noutras urbes que realizaron caceroladas simultáneas para esixir o desbloqueo inmediato da axuda humanitaria. En Lugo, ao redor de 100 persoas concentráronse na Praza da Milagrosa e na Praza Maior, fronte ao Concello, onde fixeron soar as súas cacerolas para esixires o fin desta masacre.
O sentir das persoas participantes era que había que continuar até que o mundo escoitase. É por elo que se mantén a convocatoria da Plataforma Lugo por Palestina para manter a presión global e visibilizar a crise.
Replicando o acto da pasada semana, convocan todos os xoves ás 21:00 h na Praza Maior diante do Concello de Lugo para unha cacerolada colectiva e, igualmente, convidan a toda a cidadanía a que cada día ás 18:00 h, desde calquera lugar (na casa, na rúa ou diante de institucións ou empresas cómplices), faga soar unha cacerola como acto simbólico de solidariedade. Poden enviar fotos das túas caceroladas ao Instagram @lugoxpalestina ou ao correo lugoxpalestina@gmail.com, para ser difundidas.
Enténdese o ruído das cacerolas como un acto de solidariedade e resistencia, ata que se escoite a voz de Gaza e o bloqueo sexa derrubado definitivamente.
#potbangingforgaza
Plataforma Lugo por Palestina.


