Redacción •  Galicia •  14/10/2025

Solidariedade Obreira convoca folga xeral en todo o Estado polo xenocidio en Palestina: 15-O

Solidariedade Obreira convoca folga xeral en todo o Estado polo xenocidio en Palestina: 15-O

Santiago de Compostela, 14/10/2025 – O sindicato Solidariedade Obreira anuncia a convocatoria dunha folgaxeralnoEstadoespañolcomo resposta ao xenocidio que está a sufrir o pobo palestino por parte do Estado de Israel coa complicidade das potencias occidentais.

Para Solidariade Obreira, a clase traballadora galega non pode permanecer allea a un crime contra a humanidade que se desenvolve diante dos ollos de todo o mundo. “A solidariedade internacionalista é unha obriga. Palestina convértese hoxe no espello da loita contra a barbarie e pola dignidade dos pobos”, sinalan desde a organización.

O sindicato fai un chamamento ao conxunto de forzas sindicais, organizacións sociais, políticas, estudantís, culturais epopularesa sumarse a esta convocatoria, para construír unha resposta unitaria e masiva que faga visible en Galiza un berro claro:

“Folga xeral en solidariedade con Palestina. Non ao xenocidio, non á complicidade dos gobernos, non á barbarie.”

Así mesmo, Solidariedade Obreira chama á participación activa de traballadores/as, persoas desempregadas, precarias e mocidade, entendendo que a loita polos dereitos laborais e sociais vai da man da loita contra a opresión e o exterminio doutros pobos.

Anuncian mobilizacións ao longo de todo o día na cidade de Santiago de Compostela:

  • 9:00 concentración nos xulgados de Compostela en apoio ás encausadas por mobilizacións propalestinas.
  • 12:00 manifestación desde a Alameda de Santiago de Compostela.
  • 19:00 manifestación desde a Praza 8 de marzo.

Palestina /