Redacción •  Memoria Histórica •  05/06/2025

Acto de reconocimiento de Enrique Tallón Charlón, y republicanos coruñeses deportados a Mauthausen

  • Sábado día 7 de Junio. A las 11,45 saldrá la comitiva desde el Ayuntamiento de A Coruña hasta la calle de la Franxa número 14 donde están los stolpesteine de Enrique y Francisco Tallón Charlón.
Acto de reconocimiento de Enrique Tallón Charlón, y republicanos coruñeses deportados a Mauthausen

Participan en el  acto:

Gonzalo Castro, concejal  de Cultura, Turismo y Memoria Histórica

David Lozano, investigador de la deportación

Maruxa Boquete, lectura de poemas

Camen Rodeja, representante de la Asociación para a Recuperación da Memoria Historia (ARMH)

Silvia Dinhof-Cueto hija  de deportado, activista de la  memoria y  amiga de la familia Tallón Charlón

                                               Y el acompañamiento musical de la  gaiteira Erea Estévez Campos

Enrique Tallón Charlón

Enrique Tallón Charlón nació el 4 de junio de 1912 en la calle de la Franja, en A Coruña, siendo su padre natural de Outeiro de Rei y su madre de Betanzos. Su hermano Francisco nacerá cuatro años más tarde.

Antes de huir a Francia, tras el  final de la Guerra Civil, Enrique estaba soltero y residía y trabajaba en Barcelona, igual que su hermano Francisco, unos años más joven.

Después del exilio en Francia, Enrique Tallón acabó formando parte de la Compañía de Trabajadores Extranjeros nº 28 (CTE 28), que fue asignada en Septfonds al 5º ejército, destinado a la línea Maginot, en la región de Lorena.

Igual que el su hermano, que formaba parte de la CTE 8, acabó prisionero de los alemanes, siendo detenido, primeramente, en el Front-Stalag 140 de Belfort, para después ser llevados al Stalag XI-B de Fallingbostel, un 20 de junio de 1940. En este lugar permanecerían hasta inicios de 1941, cuando serían transportados al Campo de Exterminio de Mauthausen, llegando el día 27 de enero.

Si bien su hermano Francisco consiguió sobrevivir bajo aquellas condiciones, los días para Enrique estarían contados. Tras  su traslado al subcampo de Gusen, su muerte llegaría un 27 de diciembre de 1941.

Francisco Tallón Charlón

Francisco Tallón Charlón nació el 23 de enero de 1916 en A Coruña, vivía en la calle de la Franja .

En 1925 ya vivía en Barcelona, cursando estudios primarios, de soldador eléctrico y cerralleiro, profesión esta última a la que se dedicará hasta octubre de 1937, cuando se une al ejército republicano.

Una vez perdida la guerra, marchó a Francia. Estuvo internado en algún  campo de concentración  francés, cuando estalla la guerra  se unió a la Compañía de Trabajadores Extranjeros nº 8, que a comienzos de marzo de 1940  y fue asignado al 6º ejército, en la región de Dauphine y Savoia.

La compañía fue capturada por los alemanes y Francisco detenido en el frontStalag nº 140 en Belfort.

Sabemos que en junio de 1940, es enviado como prisionero de guerra al Stalag XI-B en Fallingbostel, donde coincide con su hermano Enrique. Allí permaneció hasta su traslado al campo de Mauthausen, el 27 de enero de 1941.

A pesar de la dureza de las condiciones, Francisco consiguió sobrevivir hasta la liberación del campo, el 5 de mayo de 1945, mientras que los alemanes acabarían con la vida de su hermano Enrique en menos de un año desde su entrada.

Desde junio de 45 hasta marzo de 1948 trabaja para la USFA (Fuerzas Estadounidenses en Austria), permaneciendo así en este país, primero en Wels y después en Weizenkirchen, de donde es su mujer, Anna Hummer, con la que casará el 16 de septiembre de 1947.

El 8 de abril de 1948 tienen una hija, Anna-Rosita Tallón. En ese momento ya Francisco había vuelto a su profesión de cerrajero en la localidad de Linz.

Falleció el 10 de diciembre de 1983 en la localidad austríaca de Linz.

Silvia Dinhof-Cueto

Silvia Dinhof-Cueto es una activista de la memoria histórica y defensora del legado republicano español, nacida en Austria, hija del superviviente del campo de concentración nazi de Mauthausen, Víctor Cueto. Su padre, natural de Ceceda (Asturias), fue uno de los miles de republicanos españoles exiliados tras la Guerra Civil, deportado al campo de exterminio por orden de las autoridades franquistas en colaboración con el régimen nazi.

Víctor sobrevivió a Mauthausen gracias a que fue asignado a trabajos agrícolas, y tras la liberación en 1945, se quedó a vivir en Austria, donde falleció en 1990. Silvia, nacida apátrida debido a la retirada de la nacionalidad española a los republicanos por parte del régimen de Franco, obtuvo finalmente la nacionalidad austriaca gracias a la presión de las autoridades estadounidenses.

Desde muy joven, Silvia se ha comprometido con la memoria de los republicanos españoles deportados y asesinados en los campos nazis. Fiel a la promesa hecha a su padre, cada año ondea la bandera republicana en Mauthausen como símbolo de respeto a quienes lucharon por la libertad y fueron abandonados por el Estado español. Ha denunciado el olvido institucional y la falta de reconocimiento jurídico de estas víctimas como víctimas del franquismo.

En 2008, junto con David Moyano, otro superviviente, Silvia encabezó una petición de extradición a Estados Unidos de varios miembros de las SS implicados en crímenes de lesa humanidad, logrando el procesamiento de tres de ellos en España. Ha criticado con firmeza la actitud del Estado español, señalando que solo unos pocos diplomáticos han mostrado verdadera empatía, mientras que los sucesivos gobiernos han evitado asumir plenamente la responsabilidad histórica y legal con los deportados. Silvia Dinhof-Cueto representa una voz incansable por la justicia, la verdad histórica y el reconocimiento de los republicanos españoles como víctimas del fascismo y del nazismo, exigiendo un compromiso estatal real con la memoria y los derechos humanos.

Galego

ACTO DE RECOÑECEMENTO DE ENRIQUE E FRANCISCO TALLÓN CHARLÓN, REPUBLICANOS CORUÑESES DEPORTADOS A MAUTHAUSEN

Sábado día 7 de xunio.

Ás 11,45 sairá a comitiva dende o Concello da Coruña a rúa da Franxa número 14 onde están os stolpesteine de Enrique e Francisco Tallón Charlón.

Participan no acto:

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura, Turismo e Memoria Histórica

David Lozano, investigador da deportación

Maruxa Boquete, lectura de poemas

Camen Rodeja, voceira da Asociación pra a Recuperación da Memoria Historia (ARMH)

Silvia Dinhof-Cueto, filla  de deportado, activista da memoria e amiga da familia Tallón Charlón

                                               E o acompañemento musical da  gaiteira Erea Estévez Campos

Enrique Tallón Charlón

Enrique Tallón Charlón naceu o 4 de xuño de 1912 na rúa da Franxa na Coruña, sendo seu pai natural de Outeiro de Rei e a súa nai de Betanzos. O seu irmán Francisco nacerá catro anos mais tarde

Antes de fuxir a  Francia, tralo final da Guerra Civil, Enrique estaba solteiro e residía e traballaba en Barcelona, igual que o seu irmán Francisco, uns anos máis novo.

Despois do exilio en Francia, Enrique Tallón acabou formando parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros nº 28 (CTE 28), que foi asignada en Septfonds ao 5º exército, destinado á liña Maginot, na rexión de Lorena.

Igual có seu irmán, que formaba parte da CTE 8, acabou prisioneiro dos alemáns, sendo detido, primeiramente, no Front-Stalag 140 de Belfort, para despois ser levados ao Stalag XI-B de Fallingbostel, un 20 de xuño de 1940. Neste lugar permanecerían ata inicios de 1941, cando serían transportados ao Campo de Exterminio de Mauthausen, chegando o día 27 de xaneiro.

Se ben o seu irmán Francisco conseguíu sobrevivir baixo aquelas condicións, os días para Enrique estarían contados. Tralo seu traslado ao subcampo de Gusen, a súa morte chegaría o 27 de decembro de 1941.

Francisco Tallón Charlón

Francisco Tallón Charlón naceu o 23 de xaneiro de 1916 na Coruña, vivía  na rúa da Franxa .

En 1925 xa vivía en Barcelona, cursando estudos primarios, de soldador eléctrico e cerralleiro, profesión esta última á que se adicará ata outubro de 1937, cando se une ao exército republicano.

Unha vez perdida a guerra, marcha a Francia. Estivo internado nalgún campo de concentración francés, cando estala guerra uníuuse á Compañía de Traballadores Extranxeiros nº 8, que a comezos de marzo de 1940 foi asignada ao 6º exército, na rexión de Dauphine e Savoia. A compañía foi capturada polos alemáns e Francisco detido no frontStalag nº 140 en Belfort.

Sabemos que en xuño de 1940, Francisco é enviado como prisioneiro de guerra ao StalagXI-B en Fallingbostel, onde coincide co seu irmán Enrique. Alí permaneceu ata o seu traslado ao campo de Mauthausen, o 27 de xaneiro de 1941.

A pesar da dureza das condicións, Francisco conseguiu sobrevivir ata a liberación do campo, o 5 de maio de 1945, mentres que os alemáns acabarían coa vida do seu irmán Enrique en menos dun ano desde a súa entrada.

Desde xuño do 45 ata marzo de 1948 traballa para a USFA (Forzas Estadounidenses en Austria), permanecendo así neste país, primeiro en Wels e despois en Weizenkirchen, de onde é a súa muller, Anna Hummer, coa que casará o 16 de setembro de 1947. O 8 de abril de 1948 teñen unha filla, Anna-Rosita Tallón. Nese momento xa Francisco volvera a súa profesión de cerraxeiro na localidade de Linz.

Faleceu o 10 de decembro de 1983 na localidade austríaca de Linz.

Silvia Dinhof Cueto

Silvia Dinhof-Cueto é unha activista da memoria histórica e defensora do legado republicano español, nacida en Austria, filla do sobrevivente do campo de concentración nazi de Mauthausen, Víctor Cueto. O seu pai, natural de Ceceda (Asturias), foi un dos miles de republicanos españois exiliados tras a Guerra Civil, deportado ao campo de exterminio por orde das autoridades franquistas en colaboración co réxime nazi.

Víctor sobrevivíu a Mauthausen grazas a que foi asignado a traballos agrícolas, e trala liberación en 1945, quedou a vivir en Austria, onde faleceu en 1990. Silvia, nacida  apátrida debido á retirada da nacionalidade española aos republicanos por parte do réxime de Franco, obtivo finalmente a nacionalidade austriaca grazas á presión das autoridades estadounidenses. Desde moi nova, Silvia comprometeuse coa memoria dos republicanos españois deportados e asasinados nos campos nazis. Fiel á promesa feita ao seu pai, cada ano ondea a bandeira republicana en Mauthausen como símbolo de respecto a quen loitou pola liberdade e foron abandonados polo Estado español. Denunciou o esquecemento institucional e a falta de recoñecemento xurídico destas vítimas como vítimas do franquismo.

En 2008, xunto con David Moyano, outro sobrevivente, Silvia encabezou unha petición de extradición a Estados Unidos de varios membros das SS implicados en crimes de Lesa Humanidade, logrando o procesamento de tres deles en España. Criticou con firmeza a actitude do Estado español, sinalando que só uns poucos diplomáticos mostraron verdadeira empatía, mentres que os sucesivos gobernos evitaron asumir plenamente a responsabilidade histórica e legal cos deportados. Silvia Dinhof-Cueto representa unha voz incansable pola xustiza, a verdade histórica e o recoñecemento dos republicanos españois como vítimas do fascismo e do nazismo, esixindo un compromiso estatal real coa memoria e os dereitos humanos.


Mauthausen /