Galicia

Vilalba Aberta demanda do Concello que asuma a xestión da Piscina coma paso previo á remunicipalización do servizo

A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público o seu posicionamento ao respecto da saída a concurso do servizo da Piscina e o Parque Acuático para os próximos catro anos. Un debate, previsto na orde do día do Pleno Ordinario do vindeiro luns e no que a formación asemblearia defenderá o inmediato control municipal de ámbolos servizos coma paso previo á súa definitiva remunicipalización.
 

En Marea esixe a Xunta que exerza as súas competencias e decrete a apertura inmediata da pesca da Sardiña para o xeito

O grupo parlamentario de En Marea esixe a Xunta de Galicia que actúe e decrete a apertura inmediata da pesca da sardiña para o xeito xa que defenden que é Galicia e non o Estado quen ten estas competencias. Desde En Marea lembran que as competencias en augas interiores son de Galicia como recolle a constitución e o Estatuto de Galicia., nin do Estado nin da Unión Europea. 
 

En Marea presenta 38 emendas ao ditame elaborado polo PP da comisión dos lumes

O grupo de En Marea ben de presentar un total de 38 emendas con 112 puntos de adición ao ditame elaborado polo grupo do Partido Popular da comisión dos lumes celebrada no Parlamento de Galicia. A deputada Paula Quinteiro e o deputado Davide Rodríguez manifestaron a súa intención de que esta comisión non quede en simple propaganda do PP e poda servir para lograr modificar algunha das cuestións que están a provocar a grave situación que vive o noso país no relativo aos lumes. 
 
Temas: 

Recogida de firmas contra la manipulación informativa de la delegación de La Voz de Galicia en Carballo

Los afectados consideran en un comunicado remitido a los medios que "desde ningún punto de vista pueden aceptarse las informaciones periodísticas interesadas" que desde hace años llevan publicando los redactores Antonio Longueira Vidal ('Toni') y Cristina Viu Gomila, como la publicada recientemente por parte del primero en lo que supone "una intolerable amenaza a los vecinos y vecinas por parte del entorno del alcalde y su exculpación en una evidente falta de profesionalidad y ética periodística".

Esquerda Unida critica á xustiza patriarcal que vén de condenar a Juana Rivas a cinco anos de prisión por non entregar aos seus fillos a un pai maltratador

Compostela, 27 de xullo de 2018. A área de Muller de Esquerda Unida volve amosar o seu apoio a Juana Rivas ante unha xustiza patriarcal que acaba de condenala a cinco anos de prisión e seis de inhabilitación para exercer a patria potestade por intentar protexer aos fillos, menores, dun pai maltratador; co que agora semella que terán que vivir seis anos. O de Juana Rivas non é un caso illado.

La Fiscalía de Compostela ve indicios de delito y remite a la de Madrid la denuncia que Esquerda Unida interpuso en 2017 contra la Fundación Francisco Franco

La Fiscalía de Santiago de Compostela ve indicios de delito y ha remitido a la Fiscalía de Madrid, por considerar que tiene la competencia, la denuncia que la federación gallega de Izquierda Unida -Esquerda Unida (EU)- interpuso contra la Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) el 9 de octubre de 2017 por  un presunto delito de odio al negar crímenes de lesa humanidad.

Esquerda Unida aposta pola defensa do municipalismo como base para construír República no acto do 25 de Xullo en Mugardos

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, explicou que “este 25 de Xullo volvemos a Mugardos para falar sobre a importancia dos municipios galegos na construción do modelo que ten Izquierda Unida de cara a creación do Estado Federal. Respecto ao goberno municipal, o que enfronta máis dificultades no día a día é o debate sobre o financiamento dos concellos, que non acompasa á descentralización do Estado e que ten que ver en como se articularon os dereitos e liberdades do Réxime do 78”. 

Eva Solla esixe ao Goberno da Xunta que retire os expedientes do persoal auxiliar de enfermería de Vigo

“As e os profesionais dun hospital como o vigués teñen dabondo que facer sen ter que cubrir as deficiencias dun servizo contratado a unha concesionaria”, dixo Solla, polo que “dende En Marea apoiamos as mobilizacións das traballadoras do Cunqueiro e pedimos que o Sergas atenda aos seus deberes, en lugar de deixarse facer pola empresa concesionaria do servizo”.
 

Páginas

Suscribirse a Galicia